Opinión

Santiago Rey desencadeado

Do director da exitosa Voz de Galicia, se vos gustou aquel seminal Yo protesto de hai uns tempadas, que fixo palidecer ao J’accuse…! do propio Zola, vaivos encantar A la deriva!  Extraemos da nova carta aberta de Santiago Rey Fernández-Latorre publicada hoxe domingo na cabeceira do xornal que preside.

“Encrucillada crítica / embarrancado / sinais de perigo /enleados / bucle sen solución / abismo da parálise / aínda peor / risco / enfrontamento / antagonista / darnos leccións / non merecemos / interese soberbio / oportunista / xogo sucio / oculta / ánimo de destruír /  aproveitamento ilícito  / corrupto / indecisión ridícula / ninguén atende os seus problemas / dedícanse a servirse / non entenderon / teiman en retorcelo / tirar proveito / asaltar o poder / a peor conclusión / agochados / grandilocuentes / intereses prosaicos / perplexidade / fai mella / o país perde o crédito / incapacidade de dixerir / aínda peor / país descontrolado / múltiples tramas / corrupción / vergoña indigna / mancha nomes / equivocadamente / deslexitima institucións /  sumidoiros / comisións ilícitas / engordar contas / tirar proveitos / branqueo / asistimos atónitos / maniobras incomprensibeis /  dano causado/ corrupción / contundencia /  castigo / apretan os cidadáns / non é críbel / erguen parapetos / acabar coas mafias / abominación / mal uso do poder / corrupción / rexeitamento / ambicións persoais / o máis grave / someter os cidadáns / rexime tiránico / esperpénticas aparicións / impoñer e someter / total desfachatez / esixen cargos / faccións irreconciliabeis / guerra ideolóxica / xermina o risco grave / confrontación / frentismo / imposición / parálise / sobran mesianismos / faltan ideas / ansias de poder / escártanse / realidade teimuda / clase política incapaz / liñas vermellas / inflexibilidades / carencia de altura / calexón sen saída / son culpabeis / este ir ao garete / reproche / corrupción inaudita / desprezaron / guerras intestinas / extremismo / ningún respecto nin decencia /  insulto / ansia de poder / abandonar os vetos / ambigüidade / individualismo / ao asalto / sufriu os maiores desastres / confrontación / voto de castigo / non souberon / moito peor / agochan / antidemocráticas / destrucción / afunda na crise / estado calamitoso / perda de tempo / irrecuperábel / desaparecido  / vendido / sufrindo / estertores da agonía / declive / problema / grave desaxuste / maior inestabilidade / non pode ser máis preocupante… “.

Recomendamos a lectura completa no xornal, dado que deixamos fóra moitos artigos (determinados e indeterminados), preposicións, demostrativos e indefinidos… que redondean o texto. 

Por outra banda, se acudimos a aquel Eu protesto de 2009, xa atopamos: “inoperancia, depresión, pesimismo, agochar o lixo debaixo da alfombra, dramático, depropósito, despilfarro, mesquindade, clientelismo, decepción, deriva, avaricia, incongruencias, calamidades, desolación, postración, traxedia…” Como se ve, o ton de Artigo Final vén de lonxe. É que non damos aprendido.

 Calquera diría que na carta aberta se albisca un certo “cargo de conciencia”, un alento de autocastigo místico ou prometeico… podería ser? 

Agora un par de comentarios: É esta a mesma Voz de Galicia que lemos todos os días ? A mesma que nas cubertas calca ao milímetro a axenda dos corruptos mafiosos do sumidoiro do abismo da parálise e do xogo sucio, a soberbia, as tramas, a vergoña, as comisións ilícitas, a abominación, a parálise, a agonía, o dano causado? Calquera diría que na carta aberta se albisca un certo “cargo de conciencia”, un alento de autocastigo místico ou prometeico… podería ser? 

Tes que tomarte algo, saír máis, centrarte no positivo e estar cos que te queren, senón váiseche agriar o carácter

Se non é iso… quen sabe se non estaremos fronte a un episodio de fractura emocional? A Voz da carta soa metade a carraxe metade a desengano sentimental, especialmente hoxe, Santiago, que celebramos o día do amor. Tes que tomarte algo, saír máis, centrarte no positivo e estar cos que te queren, senón váiseche agriar o carácter. Por que non probas a ler as columnas que no teu xornal publica X. C. Caneiro, cheas de amor e positividade, flores que se abren, ollos que se encontran, corazóns encendidos, amenceres rosados…? A min funcióname.

En fin… a vida, dunha maneira ou de outra, queima. Convén sabelo e non bañarse en gasolina cando un se move entre mistos. Pásao.  

Comentarios