Opinión

Querer é poder

Saio tomar o café e, no camiño á terraza do Paquetá, paso por diante dun kiosko que expón a prensa na porta. Desde unha das cabeceiras, a de La Voz de Galicia, asáltame unha historia que enche a cuberta de oriente a  poñente con tipo de letra ciclópeo, sen aforrar en tinta: “La Xunta quiere sustituír al 50% de los docentes jubilados con personal fijo”. 

Saio tomar o café e, no camiño á terraza do Paquetá, paso por diante dun kiosko que expón a prensa na porta. Desde unha das cabeceiras, a de La Voz de Galicia, asáltame unha historia que enche a cuberta de oriente a  poñente con tipo de letra ciclópeo, sen aforrar en tinta: “La Xunta quiere sustituír al 50% de los docentes jubilados con personal fijo”. 

"Asáltame unha historia que enche a cuberta de oriente a  poñente con tipo de letra ciclópeo, sen aforrar en tinta: “La Xunta quiere sustituír al 50% de los docentes jubilados con personal fijo”. 

Debe tratarse seguramente dunha exclusiva de La Voz de Galicia porque nos demais xornais non figura. Ou iso ou, tamén pode ser, as redaccións dos outros xornais non a consideraron merecedora de destaque na fachada dos seus medios. Mesmo cabería a posibilidade, as mentes retorcidas é o que teñen, de que nin siquera o xornal coruñés lle outorgase semellante valor: dime do que fachendeas e direiche do que careces… Calquera estudante de xornalismo ou lector de información atento sabe que hai noticias das que se informa, relatos da realidade, e hai noticias que se crean para influír na percepción da realidade. Haberá quen diga que non, que isto último non son noticias senón propaganda. Podemos discutilo.

Volvendo ao asunto: Quen leva razón? Ou se queredes… cal é a noticia? Que a Xunta de Galicia “quere” tal ou cal cousa? Calquera día esa cuberta poderá encherse con: “A Xunta de Galicia quere que o 50% das obras do Louvre sexan expostas de maneira permanente nas naves da Semana Verde en Silleda”. Isto o titular, no interior os columnistas debaterían xa sobre o impacto económico do traslado, sobre se á entrada habería que construír unha pirámide de cristal ou sobre que obras deberían vir e cales non.   

Outro día a noticia podería ser que “A Xunta de Galicia quere que o complexo tecnolóxico-industrial de Sylicon Valley cambie a costa oeste de California pola Costa da Morte, e para ilo ofrece solo na montaña achanzada do porto exterior de Arteixo e un queixo de tetilla a todas as empresas que se instalen”. Por que non? O queixo de tetilla cando se proba convence. E non me negaredes que a noticia suporía a reactivación da nosa economía productiva e un plus de valor engadido etc etc. A Xunta quéreo e todas as grandes obras comezaron cun soño que parecía imposíbel. 

"A Xunta quere captar investidores en América ou en Xapón, a Xunta quere fomentar o autoemprego… E quéreno todo con moitas ganas, coma os cativos cando piden un desexo con puños apretados e os ollos pechados.  

Se estes anuncios vos parecen de caricatura é que non estades moi atentos ou eu estou paranoico, porque os vexo día si día non: a Xunta quere que non haxa atascos nin abuso de prezos na AP 9, a Xunta quere que os combustibeis non sexan máis caros en Galiza que no resto de España, a Xunta quere reducir as listas de espera ou arranxar o hospital do Meixoeiro, a Xunta quere que flúa o crédito, a Xunta quere atacar a baixada demográfica, a Xunta quere que os estaleiros teñan carga de traballo, a Xunta quere que non arda o monte, a Xunta quere que non haxa corrupción, a Xunta quere captar investidores en América ou en Xapón, a Xunta quere fomentar o autoemprego… E quéreno todo con moitas ganas, coma os cativos cando piden un desexo con puños apretados e os ollos pechados.  

De modo que non estamos diante dun simple “querer e non poder”. Para a Xunta “querer é poder” pero non o interpretedes mal. Non se refiren a que quen desexa algo con moitas forzas ten máis posibilidades de acadalo. Refírense a que proxectar e difundir adecuadamente as fantasías sociais sitúao a un en posición de vantaxe: Dicirlle á xente o que quere escoitar e acompañalo dunha regaña de verosimilitude dános Poder.

No caso da educación, a noticia da que falamos é coma se dixesen: “A Xunta quere que as súas oficinas, de 8 a 3, abran as portas ao público”, ou “A Xunta quere que as instancias que recibe sexan tramitadas”, ou mesmo “A Xunta quere que Betanzos e Pontedeume sigan cada un na súa ría”. Levamos anos reducindo as plantillas de profesorado en milleiros de docentes, ata entrar de cheo na inoperatividade, non repoñendo nove de cada dez xubilacións e provocando que en moitos centros o número de interinos en condicións precarias supere ao persoal propio. Algo haberá que facer. Sempre que queiramos manter abertas as escolas e que alguna persoa física se encargue de atender aos nosos fillos e fillas de 9 a 3. Por que iso, e diríxome á Xunta de Galicia, tamén o queremos, non é verdade? Veña fenómenos… querer é poder.

Comentarios