Opinión

Galeras. Pola brava

Veño de ler que en Compostela se proxecta facer unha entrada para un parking e unha rotonda nova e que hai protestas, os concentrados falan dun novo Gamonal. Parece pouca cousa, todo máis para un breve na prensa local, pero cando furamos nos medios atopamos motivos para sobrados para a indignación. 

Veño de ler que en Compostela se proxecta facer unha entrada para un parking e unha rotonda nova e que hai protestas, os concentrados falan dun novo Gamonal. Parece pouca cousa, todo máis para un breve na prensa local, pero cando furamos nos medios atopamos motivos para sobrados para a indignación. 

"Por que ese Concello coa maioría dos seus membros imputados por corrupción inexplicabelmente aprobou a obra de urxencia, pola brava e caneando o debate no Pleno. Quería agasallar aos veciños cunha sorpresa?" 

A rotonda vai mellorar a circulación, di o Concello, e o coste é cero porque “hai un particular que se beneficia e corre co gasto da obra”. Todo é estupendo e vai quedar de rechupete pero entón... Por que ese Concello coa maioría dos seus membros imputados por corrupción (incluídos os alcaldes pasado e presente) inexplicabelmente aprobou a obra de urxencia, pola brava e caneando o debate no Pleno. Quería agasallar aos veciños cunha sorpresa? 

A rotonda e a nova rampa de acceso ao parking comerían un anaco do parque do Sarela, na rúa Galeras, derivando máis tráfico cara a zona e precisando que a rampa se furase baixo un edificio habitado e con comercios como unha farmacia ou o restaurante Puñal. E para incrementar a sorpresa... va que non sabedes o que se lle ocorreu ao PP? Isto é fantástico... pois non dicirlle nada aos veciños do edificio! No canto diso valar a zona na que se pretende (a)cometer a obra e meter as máquinas de maneira fulminante. Tachán! É o mesmo modus operandi que cos desafiuzamentos: ultimamente hai máis pero non se avisan, simplemente che petan na porta e che din que liscando, que xa non tes casa, sen protestas nin dispositivo policial.

Volvendo á rotonda... que sei eu?, pode amolar e supor unha perda de zona verde, mais non sería a primeira vez que o vemos e hai que contrapesalo co beneficio xeral. O que mosquea neste caso é que a perda de calidade de vida para a zona e a ameaza para os veciños desas trinta vivendas só se contrarresta co nimio beneficio da empresa privada, o “particular” que xestiona o parking: ese parking xa ten outras entradas cincuenta metros máis adiante!! 

"Sendo tan escasa a mellora e vindo a aprobación dun concello corrupto e escurantista, con representantes capaces de reclamar o despedimento dunha traballadora por ser compañeira dun sindicalista... a vós non sei pero a min arrepíame".

Sendo tan escasa a mellora e vindo a aprobación dun concello corrupto e escurantista, con representantes capaces de reclamar o despedimento dunha traballadora por ser compañeira dun sindicalista... a vós non sei pero a min arrepíame. Aí hai algo raro, raro, raro. E cheiro que se coñecésemos a fondo cal é a empresa e como se vai xestionar o orzamento e tal e que sei eu e xa sabedes como vai isto... chegariamos a entender mellor que favor se está a pagar e por que se ordena ás présas, pola calada e con semellante empeño unha obra tan absurda e prexudicial para a cidadanía.

Coincide que a carón da rotonda está a Finca do Espiño, obxecto dun dos escándalos de cazo e prevaricación máis soados da corporación de Conde Roa, que á súa vez se ubica ao pé da residencia oficial do presidente da Xunta. Pero isto, xa digo, son coincidencias. O caso é que os veciños fan ben en presentar todos os recursos que fagan falta e en protestar na rúa, porque teñen razón, e o resto das forzas políticas está na obriga de respaldalos ata paralizar o desmán. Se o Concello quere promover un novo Gamonal, eles verán. Se ao que aspiran é a saír na tele unhas semanas, a provocar inseguridade cidadá, multas e detencións... Ou sexa, a governar da man dos poderosos e contra as persoas, para ao final recuar como ocorreu en Burgos, pois peor para todos pero cadaquén ten que defender o seu. 

Comentarios