Opinión

John Lennon e a CIA

"Meu marido foi asesinado. Non é difícil saber por que causa…creo que aquí non actuou un fanático só…”. Con estas verbas respondía Yoko Ono ás preguntas de xornalistas.

Lennon advertira publicamente que as súas conversas telefónicas eran escoitadas. Porén, descoñecía que tamén era vixiado e que toda a súa correspondencia era aberta e fotografiada para posteriormente ser enviada á CIA, engrosando o expediente co seu nome. Un expediente máis dos 13.000 que contaba a operación Caos (1), un operativo contra opositores á guerra do Vietnam.

Tras un rexistro nocturno do seu domicilio, Lennon foi acusado por posesión de drogas, concretamente de marihuana. O sarxento que dirixiu o rexistro “con excesivo celo”, non puido detallar na vista en que lugar do domicilio atoparon dita sustancia e inda por riba, dous anos despois, sería detido por tráfico de drogas. Lennon tivo que pleitear durante 6 anos para recuperar o permiso de residencia permanente. 

Lennon advertira publicamente que as súas conversas telefónicas eran escoitadas. Porén, descoñecía que tamén era vixiado e que toda a súa correspondencia era aberta e fotografiada para posteriormente ser enviada á CIA

 

A pesar deste acoso, Lennon evitaba as provocacións e retomaría a actividade con cancións que irritaban aos cancerbeiros da “democracia americana”. Cancións coma “Angela” ou “Attica State”,  ás que se sumarían opinións coma o de “xigantesco prostíbulo da agresión” para referirse ao Pentágono. 

O Senador Strom Thurmond, recoñecido anticomunista, afirmaba que “este home (Lennon) desexa ficar non noso País, mais nós non o desexamos”. Coa decisión tomada, apareceron as  “medidas especiais” contra Lennon. Tal como se desprende dunha comisión encargada de investigar a actividade da CIA, o seu asasinato urdiuse neste organismo.

O asesino de Iohn Lennon foi David Chapman, un antigo membro da Asociación Cristiana de Xóvenes, auspiciada por magnates católicos protestantes americanos. Chapman era unha persoa desequilibrada, tendente a depresións e coa mentalidade quebrantada pola curia eclesiástica. Sometéronno a un experimento costeado pola CIA para “tratar a esquizofrenia” (2). Logo de longas sesións de hipnosis, narcóticos e sonoterapia, Chapman estaba preparado. O 8 de decembro de 1980 rematou coa vida de Lennon de 5 disparos polas costas.

Evidentemente as accións continuaron. A prensa americana retransmitiu o tráxico desenlace cun amplo despliegue: o traslado do cadáver de Lennon dende Dakota ao Hopital Roosevelt, logo ao edificio para a experticia, e xa máis tarde ao tanatorio. Asemade, comenzaron axiña a tapar a súa faceta como activista político. Yoko Ono recibiu ameazas e aventaron nos medios que fora ela a causante da separación dos Beatles. 

Todo para que os señores da Guerra continúen sen “Darlle unha Oporturnidade á Paz”. 

Notas:

(1).- En agosto de 1967 ponse en marcha por orde de RIchard Helms, director da CIA, a operación Caos. Un xornalista inglés escribiu unha noticia sobre o informe da comisión encarregada de investigar a actividade da axencia nos EEUU. Nela aludía a esta operación recollendo a Lennon como obxectivo tamén da CIA. Pormenoriza algúns dados sobre supostas actividades contra Lennon. Das súas pesquisas o xornalista deduce que o asasinato foi tramado pola axencia.

(2).-David Chadman estivo en Fort Chaffe onde se experimentaba con delicuentes "incorrexibles", segundo publicou Rolling Stone en 1981. Sustancias coma o narcótico B-3 (10 veces máis forte que o LSD) foron probadas alí. 

Comentarios