Opinión

A súa forza é a súa debilidade

As políticas que se están impondo xa non teñen lexitimidade democrática.

As políticas que se están impondo xa non teñen lexitimidade democrática. Non é democrático lexislar contra a maioría como se vén facendo desde que o capitalismo nos regalou coa súa enésima crise cíclica (desta vez cunha virulencia que nos retrotrae aos anos 30 do pasado século). Non é democrático violar dereitos elementais, como o de manifestación ou o de libre circulación pola túa cidade. Que sentido ten vetar o acceso de manifestantes pacíficos á Praza do Obradoiro? Só ten un sentido totalitario: o de mostrar que quen ten o poder está disposto a exercelo sen ningún tipo de escrúpulo, sen nengún tipo de contención.

Mas se o pensamos ben, a súa forza é a súa debilidade. Están cada día mais isolados socialmente e só poden gobernar reprimindo nas rúas ou preparando lexislacións golpistas no Parlamento, como a lei eleitoral coa que ameaza o PP, tan forte cos débeis, tan submiso cos fortes, a comezar pola emperatriz Merkel.

Comentarios