Opinión

Rusia

A presión de Occidente sobre Rusia é, en termos xeopolíticos, unha agresión en toda regra.

A presión de Occidente sobre Rusia é, en termos xeopolíticos, unha agresión en toda regra. A nova OTAN é como a vella OTAN máis o Pacto de Varsovia sen Rusia. Un instrumento ao servizo do imperialismo norteamericano e do seu aliado alemán.

Rusia é hoxe un Estado controlado por unha oligarquía capitalista, si, mais iso era o que quería Occidente, ou non?

Non se fixo a Guerra Fría para derrotar o bloco socialista? Para levar a "liberdade" á Europa oriental?

Rusia ten naturalmente un proxecto imperial. Os EUA téñeno tamén. E o Reich alemán, por suposto.

A equidistancia produz monstros analíticos. Aquí non hai santos, mais a historia comezou cun golpe de Estado en Kiev patrocinado por Occidente

Mais a equidistancia produz monstros analíticos. Aquí non hai santos, porén a historia comezou cun golpe de Estado en Kiev patrocinado por Occidente (porque o presidente lexítimo do país non quería asinar un cheque en branco á UE). Os EUA e o seu aliado alemán non tiveron escrúpulos en se valer de paramilitares nazis e agora hai ministros en Kiev que na Segunda Guerra Mundial terían vestido encantados os uniformes das SS. A resposta de Rusia -a comezar por Crimea- era inevitábel. Calquera potencia da súa envergadura, no seu lugar, tería feito exactamente o mesmo.

O confronto militar dificilmente resolverá nada. A solución está na política. E no exercicio dun direito democrático elemental, o direito de autodeterminación. As populacións da Ucraína oriental teñen perfeito direito a decidiren o seu futuro, o conxunto das cidadás e os cidadáns ucraínos (os que elexeran o deposto Yanukovich), tamén. Sen inxerencias externas. E, a ser posíbel, xa sei que non será, sen golpistas en Kiev.

Comentarios