Opinión

Otegi

Este home, de quen Zapatero valorou o seu "discurso pola paz" , acaba de ser declarado inelixíbel para ser candidato o 25S por un órgao xurisdicional español, en aplicación dunha legalidade, a emanada da Constitución de 1978, que non recoñece a existencia de Euskadi como nación e que, portanto, nega dereitos políticos elementais -o de decidir libremente o seu futuro- á sociedade vasca.

Alguén imaxina unha situación semellante no Reino Unido? Que Gerry Adams non se puidese ter apresentado ás eleccións? Tería avanzado o proceso de pacificación en Irlanda tanto como para facer posíbel gobernos transversais, de coligazón, nos condados do norte? 

O déficit democrático no Estado español comeza a ser literamente insuportábel. Madrid utiliza todos os resortes de poder ao seu alcance para manter a súa supremacía sobre as nacións sen Estado propio. Mais a súa aparente fortaleza agacha debilidade: son incapaces de aceitar un debate en campo aberto e sen trampas. Téñenlle medo a Arnaldo Otegi porque saben que o principal adversario do réxime oligárquico e corrupto do 78 son as forzas soberanistas. Por iso non o queren ver nos cartaces eleitorais.

Comentarios