Opinión

O que non vai pasar con Feijóo

O que non vai pasar con Feijóo é que este sábado anuncie o abandono da política e a súa pasaxe ao sector privado.

O que non vai pasar con Feijóo é que dubide entre servir a Pemex ou enrolarse nas fileiras de Amancio Ortega.

O que non vai pasar com Feijóo é que deixe o seu partido sen candidato verosímil a escasos meses de convocar unhas eleccións que, aliás, el pode pór cando lle conviñer.

Co seu álbum de fotos non resistiría dous programas consecutivos de El Gran Wyoming

O que non vai pasar con Feijóo é que non poña o ramo a unha campaña de autopromoción persoal -o home providencial que mais unha vez se sacrifica por Galiza- levantada con tanto ardor e durante tantos meses e tan aloumiñada pola imprensa amiga.

O que non vai pasar con Feijóo é que desembarque en Madrid para rexenerar o seu partido. Está inhabilitado para facer tal cousa, co seu álbum de fotos non resistiría dous programas consecutivos de El Gran Wyoming.

Que vai pasar con Feijóo? Dependerá da vontade do pobo galego nas urnas e do atractivo das distintas ofertas que a este se lle apresenten nunhas eleccións que se albiscan como inminentes.

Comentarios