Opinión

Fascistas sen complexos

Hai dúas formas de enfocar o asunto do alcalde de Baralla.

Hai dúas formas de enfocar o asunto do alcalde de Baralla. A máis sinxela, a de relativizar a súa importancia. É un friki. É unha anécdota, un só individuo na masa multitudinaria de militantes do PP, etc. A máis complexa, seguramente a que nos achega máis á realidade, é a de enfrentar o monstro: a cuestión non é tanto dilucidar se o PP strictu senso é un partido fascista, a cuestión é que se pode ser fascista e militar no PP.

A cuestión non é tanto dilucidar se o PP strictu senso é un partido fascista, a cuestión é que se pode ser fascista e militar no PP.

As declaracións do alcalde de Baralla non son unha excepción. Empatan cunha longa tradición de saudosos exabruptos do franquismo, proferidos por dirixentes conservadores na Galiza e no Estado. Son, iso si, declaracións especialmente ponzoñosas, revanchistas. Ensañarse coa memoria das vítimas é especialmente inhumano. Ás vítimas ficaron sen nada: primeiro ceifáronlles a vida, agora o direito á reparación e á recordazón.

Vaise retratar Feijóo se non lle pide a este individuo, hoxe mesmo, a súa inmediata demisión e a súa baixa no partido.

Comentarios