Opinión

Estará Luke Skywalker?

Por que non sai Skywalker no trailer? Por que non no cartaz? Falo de Luke, non de Leia. Aparecerá na fita? Pasaríase ao lado escuro? Tanta incerteza non sei se a darei aturado. Nen sequer lin Boyero. A mesma incerteza paira sobre o 20D, abocado, seica, a unha foto finish.

Nunca desde 1977 houbo tanta incerteza perante unhas eleicións xerais. Ten certa lóxica, desde que hai máis ofertas no trinque, algunhas -Ciudadanos, Podemos- sponsorizadas por poderosas canles televisivas. Como no comezo da Primeira Transición Borbónica -estamos nas vésperas da segunda-, a cuestión verdadeiramente chave para o país é garantir presenza directa, sen intermediarios, nas cámaras parlamentares estatais. Iso, segundo a información que publicamos esta sexta feira, é posíbel, mais tamén haberá que estar pendente da foto finish. A sensación é que a campaña de Nós Candidatura Galega -fresca, potente, renovadora- está indo cara arriba e que ten o obxectivo ao alcance da man. Quen se interpón no camiño é o PP en Pontevedra e o PSdeG na Coruña, o vello bipartidismo face o soberanismo galego, a metáfora do que acontece no Estado, o réxime asediado polas forzas autodeterministas (un réxime que aspira a re-perpetuarse baixo novas formas e marcas).

Non me fagades spoiler, please, non quero saber se sae Luke ou non antes de tempo. 

Comentarios