Opinión

España, Catalunya e a soberanía

Hai unha cousa na que concordo con Rajoy: a cuestión chave é a soberanía. Tamén hai unha na que discordo radicalmente: quen é o depositario desa soberanía. 

Hai unha cousa na que concordo con Rajoy: a cuestión chave é a soberanía. Tamén hai unha na que discordo radicalmente: quen é o depositario desa soberanía. Rajoy está na liña do españolismo secular: aquí só existe un pobo e só unha soberanía, non é troceábel. Sexamos xustos: non é só Rajoy, é tamén o PP no seu conxunto, e o PSOE, e UPyD, e Ciutadans, son todas as organizacións políticas que se estruturan sobre a base de ter en Madrid a última instancia decisoria, a sala de máquinas, alí onde se determinan as políticas que vinculan a todas e a todos, e aí podemos colocar desde o comité central do PCE até o núcleo central do pablismo.

España enrócase e non é difícil predicer o próximo movemento do catalanismo. Será de afirmación do seu dereito a axir como nación soberana

Pois si, se trata de quen é soberano aquí. O conflito que se dirime entre Catalunya e España é se Catalunya pode decidir (é soberana para decidir) ou non. A cuestión básica en Escocia non era tanto se se constituía como Estado senón se materialmente tiña a opción real de se constituír como tal. E si tiña. Si, no Estado das four nations. Si tiña, por iso votou.

España enrócase e non é difícil predicer o próximo movemento do catalanismo. Será de afirmación do seu dereito a axir como nación soberana. Será de fortalecimento do proxecto soberanista, do nacionalismo en definitiva.

Esa é a lección que deu Escocia e é a lección que dá Catalunya. Tomemos nota desde Galiza.

Comentarios