Opinión

Ence: os custos da dependencia

Pode un goberno en funcións tomar unha decisión como a da prórroga por 60 anos da presenza de Ence na Ría de Pontevedra?

Pode un goberno en funcións tomar unha decisión como a da prórroga por 60 anos da presenza de Ence na Ría de Pontevedra?

Obviamente non, este non é un asunto administrativo menor, atinxe a dereitos fundamentais das persoas e do meio ambiente.

Pode facelo ante o silencio cúmplice de Feijóo? Pode porque Feijóo cumpre na Galiza o papel que cumpre, sempre pendente de dar o salto a Madrid, tampouco é cousa de criar problemas desde San Caetano.

Onte como hoxe, Ence pon no primeiro plano o principal problema que temos como nación: a dependencia

Ence foi instalada na ría por unha decisión do Estado español baixo unha ditadura fascista. Agora, co actual réxime político, gaña 60 anos -6 décadas!-, unha eternidade para continuar a hipotecar o futuro dunha cidade e dunha comarca do noso país.

Onte como hoxe, Ence pon no primeiro plano o principal problema que temos como nación: a dependencia. Quen decide por nós sobre as nosas rías, sobre as nosas costas, sobre a nosa vida? Madrid. O debate sobre a soberanía -sobre se gobernamos nós ou non a nosa terra- nunca é un debate abstracto. Vai sobre cousas tan concretas como esta.

Comentarios