Opinión

A dignidade de Catalunya

España equivócase con Catalunya no século XXI como se equivocou con Cuba no século XIX.

España equivócase con Catalunya no século XXI como se equivocou con Cuba no século XIX. Isto non vai das ambicións biográficas dun grupo de dirixentes, nen da cobiza económica de elites que existen en Catalunya, claro que existen, como tamén no resto de Occidente (desde logo, son ben máis febles que as que controlan a elefantiásica Madrid).

Non, isto vai da dignidade dun pobo. Unha dignidade multitudinaria. Transversal. Tan multitudinaria e transversal que obra o milagre de reunir nos corredores do Parlament, nunha foto para a historia, a Artur Mas e a David Fernàndez, referentes políticos da pequena burguesía -non a grande, o grande capital está con España- e das clases populares de Catalunya. 

O pobo é o protagonista en Catalunya. Un pobo con dirección política, claro, porque non hai movimento sen dirección política que poda conseguir cambiar as cousas. E con programa, con conteúdos concretos. Rupturista, si. Constituínte, si. Constituínte dunha nación libre. Desde a soberanía, a revolución de hoxe.

Comentarios