Opinión

Beiras xustifícase

A frase de Beiras -“A alguén se lle ocorre pensar que Galiza por si mesma pode liberarse?”- ten un soniquete evidente de xustificación, de explicación de por que nesta altura histórica Anova decide apostar no plano estratéxico por unha alianza coa nova socialdemocracia española.

A frase de Beiras -“A alguén se lle ocorre pensar que Galiza por si mesma pode liberarse?”- ten un soniquete evidente de xustificación, de explicación de por que nesta altura histórica Anova decide apostar no plano estratéxico por unha alianza coa nova socialdemocracia española.

Beiras leva meses teorizando que, a diferenza de Catalunya, Galiza por si soa non pode (Yes, We Can´t). Xa sabemos que non hai revolucións exportábeis, mais non deixa de ser curioso que se fose catalán, ele propio dixit, Beiras votase a CUP e que, sendo galego, vaia coligado cunha forza política que votaría non á independencia de Catalunya. Este é un paradoxo difícil de sustentar en termos políticos, daí que Beiras escorregue permanentemente polo tobogán da xustificación.

Beiras xa logo fai 80 anos e é natural que os pasos que dá os mida tamén en chaves biográficas, en como se vai interpretar o seu legado.

Beiras continúa a construír toda unha teoría para blindar a súa política de alianzas, unha teoría que en síntese podemos expresar así: Galiza por si soa non pode, así que vaiamos da man da España progre e guay

Nun momento en que o seu parceiro Pablo Iglesias declara "grazas 1978" -en alusión á Constitución que o nacionalismo galego non apoiou, lema que o podemita completa con "benvido 2016-, Beiras continúa a construír toda unha teoría para blindar a súa política de alianzas, unha teoría que en síntese podemos expresar así: Galiza por si soa non pode, así que vaiamos da man da España progre e guay, dos amigos de Jordi Évole e tal, que eles si poden. 

Non me estraña que sinta tanta necesidade de xustificarse. A súa alianza é cunha forza que leva un militar otánico nas súas listas, que non fai cuestión da continuidade da monarquía e que se apresenta ante o eleitorado como o garante da unidade do Estado.

Comentarios