Opinión

Ana Pastor como síntoma

Podería ser Ana Pastor presidenta do Congreso se o accidente de Angrois non tivese sido na Galiza, senón nos accesos por camiños de ferro a Madrid? Podería ser Ana Pastor presidenta do Congreso após a UE indicar a súa responsabilidade política na manipulación da investigación dun sinistro acaecido nas inmediacións da capital do Estado?

Obviamente non.

O nomeamento de Ana Pastor como presidenta do Congreso non só ofende as familias das vítimas de Angrois, ofende a calquera persoa demócrata cun mínimo de sensibilidade e ofende a todas e a todos os galegos (até debería ofender as e os parlamentares do PPdeG). Mas ao mesmo tempo o nomeamento desta señora como terceira maxistratura do Estado -tendo na súa folla de servizos a parcialidade política na investigación da maior catástrofe sufrida pola nación na súa historia moderna- indícanos que papel xoga o noso país no sistema político e mediático do Estado. E ese papel é neste momento igual a cero.

Comentarios