Opinión

15 días sen tregua

Todo está axustado, axustadísimo, probabelmente moito máis do que dan a entender os cociñeiros do CIS.

Todo está axustado, axustadísimo, probabelmente moito máis do que dan a entender os cociñeiros do CIS. Convén non perder de vista que estes arúspices están ao servizo do goberno. "Es la porra de Rajoy", brincou Pedro Sánchez sobre o CIS. Ben, está claro que as tendencias son as que son, mais o valor preditivo dos inquéritos está moi condicionado polo altísimo nível de indecisión, o 41,6%.

Unha delgada liña vermella, un ponto arriba, un ponto abaixo, pode decantar os resultados para un lado ou para outro

Unha delgada liña vermella, un ponto arriba, un ponto abaixo, pode decantar os resultados para un lado ou para outro. Tamén na Galiza. Hai cinco forzas políticas con opción real a escano: desde Nós Candidatura Galega -se ollamos ben para CIS vemos que continúa no partido (hai un 10% de galegxs que din que pensan nesa opción)- até Ciudadanos pasando por En Marea e o clásico bipartidismo. Isto non pasara nunca na historia. E como isto non pasara nunca na historia, os vellos modelos preditivos que son os que manexan os cociñeiros teñen un valor moi relativo. Non deamos nada por suposto, non vaia ser que nos leven cara onde eles queiran.

E si, por suposto, a campaña será decisiva, probabelmente a máis decisiva desde a restauración borbónica. Prohibida a tregua. Aquí quen deixe de dar aos pedais vai caer seguro da bici.

Comentarios