Opinión

"Si los médicos nos mandan, nosotros obedecemos"

"Si los médicos nos mandan, nosotros obedecemos"  (Feixoo dixit 04/12/2019)

Os e as médicos e as profesionais da Sanidade Pública en Galicia, que traballamos en Atención Primaria, levamos moitos anos decíndolle ás conselleiras e conselleiros  de Sanidade de turno e ao sr. Feijoo, unha serie de problemas que existen na Atención Primaria; a resposta sempre foi negativa. Minte máis que fala. Para demostralo, indico a continuación 14 puntos (que poderían ser moitos máis...) que levamos reivindicando anos e seguen sen cumprirse (e Feijoo sábeo!).

1. Educación Sanitaria á poboación, para facer un bo uso (e non abuso), do Sistema Sanitario Público Galego (concrétamente da Atención Primaria).

2. Axendas de non máis de 30 pacientes diarios.

3. 10 minutos por paciente (de forma voluntaria, se así o considera cada médico).

4. Que a adminsitración poña en marcha mecanismos para a atención ás e aos pacientes sen cita.

5. Que a administración sexa transparente e  mostre o censo real de traballadores e traballadoras do Sistema Sanitario Público Galego (en concreto, o número de vacantes actualmente e as necesidades de cubrilas coas prazas ofertadas pola Consellaría).

6. Planificación para os vindeiros anos polas xubilacións que se esperan e a posta en marcha de medidas para que non teñamos máis déficits de persoal.

7. Modificación do programa informático TAO (Anticoagulación) e facelo coherente.

8. Información actualizada dos Certificados Médicos que debe facer o persoal médico, e cales non. Información ás diferentes consellarías: Educación, Deportes, Agro, Mar, etc.. para que deixen de solicitar certificados médicos que non valen para nada.

9. Creación das prazas, na OPE, que de verdade necesita o Sistema Sanitario en Atención Primaria.

10. Solicitar as probas diagnósticas en todas as xerencias por igual.

11. Que en todos os servizos de especializada teñamos a posibilidade de solicitar unha primeira consulta presencial.

12. Que as e-consultas sexan contestadas nos vindeiros 5 días.

13. Evitar os cupos superiores a 1.250 TIS por médico.

14. Que non teñamos lista de espera en AP redimensionando os cupos e sustituíndo a todas as profesionais ausentes.

No Consello Técnico de AP de Galicia teremos as conclusións das Comisións Sectoriais encargadas de elaborar o Novo Modelo de AP de Galicia e en función do que faga a administración sanitaria en Galicia, así actuaremos, na xuntanza da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

A administración sanitaria Galega é a garante de que a Atención Primaria, sexa de calidade. Para iso, ten que ser consciente dos problemas actuais da mesma e poñerlle remedio. Das medidas que expoñemos, algunhas non levan custo económico e si de organización do sistema (que evidentemente está fallando!).

O Sr. Feijoo ten que ser consciente de que non pode seguir mentindo. E sabémolo!

Comentarios