Opinión

Titulares que levan a engano

Chegóume polas redes socias, como hoxe chegan a maioría destas cousas, un artigo dun xornal dixital español  no que se mencionaba que un fondo voitre subira o auga quente e a calefacción máis dun douscentos por cen a uns inquilinos de vivendas protexidas que a Comunidade de Madrid vendéralles.

Chegóume polas redes socias, como hoxe chegan a maioría destas cousas, un artigo dun xornal dixital español  no que se mencionaba que un fondo voitre subira o auga quente e a calefacción máis dun douscentos por cen a uns inquilinos de vivendas protexidas que a Comunidade de Madrid vendéralles.

"A Comunidade de Madrid estaba en mans dun partido que non cree na xestión pública e regula para favorecer ao sector privado. Unha sorte de política neoliberal que non é nova nin é liberal".

Non serei eu quen defenda os usos e costumes dos fondos voitres, nin moito menos que unha Administración Pública privatice unha xestión que ben podería desempeñar funcionarios públicos ou venda uns inmobles que poderían adquirir os propios inquilinos. Si que podería pararme un bo rato en analizar porqué ten que adxudicarse a privatización da xestión a estes fondos cando o normal sería que unha empresa local se encargarse dela, sendo finalmente os inquilinos os acabasen mercando as vivendas. A cuestión é que a Comunidade de Madrid estaba en mans dun partido que non cree na xestión pública e regula para favorecer ao sector privado. Unha sorte de política neoliberal que non é nova nin é liberal.

Mais a cuestión que me sorprendeu foi o titular e incluso o contido da propia nova. Resulta que até o momento da venta dos inmobles ao fondo voitre os inquilinos estaban a pagar uns custes polo suministro de auga quente e calefacción por debaixo dos custes que tiña que sufragar o propio edificio. Ao tratarse de vivenda alugadas entendo que a propia comunidade de propietarios estaría conformada por un único propietario, até o momento da súa venda a Comunidade de Madrid. Primeiro erro de bulto e motivo fundamental polo que se produce a confusión.

Este erro consiste en que non se fai partícipe ao inquilino da xestión do edificio, nomeadamente cando o mesmo é de promoción pública. Eis a razón pola que as administracións públicas tenden a fuxir da xestión de vivendas en aluguer. A solución chámase autoxestión, ben a través de comunidades de inquilinos, ben sexa a través do cooperativismo. Cando o usuario dun edificio adquire conciencia de que as súas decisións son as que determinan o bo fin do lugar onde vive non só actúa con responsabilidade, sinón que perde a ocasión de criticar as decisións que se adopten, xa que é o primeiro coñecedor e responsable delas.

Extrapolado ao caso que nos incumbe, acabar tendo que pagar tres euros e vinte e cinco céntimos por cada metro cúbico de auga quente en troques de noventa céntimos non é un caso de atraco a mán armada por parte dun fondo voitre, sinón que se trata máis ben dunha adecuación do custe individual ao custe colectivo. Pola miña experiencia profesional, podo decir que incluso o importe de tres euros e vinte e cinco céntimos está por debaixo do habitual nun edificio de caldeiras colectivas con paneis solares térmicos. Xa que logo, aquí alguén que tiña que contrastar a información no o fixo.

"Conxúgase o sentir xeneralizado de que os fondos voitres son inhumanos cun dato estéticamente abrumador, a suba de máis do 200% dun prezo, co fin de xerar unha opinión manipulada".

Está o titular, logo, a ser sensacionalista? Con rotundidade digo que si, salvo que o redactor da nova sexa un incompetente, claro. Conxúgase o sentir xeneralizado de que os fondos voitres son inhumanos cun dato estéticamente abrumador, a suba de máis do 200% dun prezo, co fin de xerar unha opinión manipulada.

No que se debe incidir, si queremos ser honestos, é que deben existir partidas orzamentarias nos concellos que loiten contra a pobreza enerxética, que as vivendas protexidas non deben estar xestionadas por entes privados especulativos e que si unha administración pública ve que é incapaz de xestionar un dereito fundamental como é o de acceso a unha vivenda digna o que debe facer é incentivar a autopromoción e a autoxestión. E que o representante público que manifestou a súa incapacidade presente a súa dimisión, por suposto.

Comentarios