Opinión

Non entenderon nada

Chegou o momento decisivo que todos agardaban.


Chegou o momento decisivo que todos agardaban. Tras a eclosión do fenómeno 15M a política non voltou a ser a mesma. Cuestionóuse o sistema como tal e a idea de facer borrón e conta nova ilusionou a moita xente que tiña perdido a esperanza na capacidade da poboación en mudar as cousas.

Agora, visto en perspectiva, deberiamos facer unha análise de qué se demandaba naquelas asembleas improvisadas nas rúas e de quenes atenderon aquelas peticións e quenes non.

Unha das demandas máis salientables era que os partidos, como tales, non estaban a ser transmisores das demandas da xente, que estaban encorsetados, que as decisións as tomaban as cúpulas en xuntanzas privadas e que os representantes traballaban de costas aos representados. Comezaba a falarse de listaxes abertas. Insistíase en que os partidos perderan a súa oportunidade, que había que acabar co bipartidismo e que as siglas eran unha losa da que debían desprenderse.

Un votante crítico que pediu transformación debería optar por unha candidatura que tivera celebrado primarias abertas para elexir aos seus candidatos e candidatas, que tivera traballado colectivamente renunciando ás siglas e sin pactos de cúpulas

Naquelas asembleas, nomeadamente as virtuais, o que subscribe pediu até a extenuación que aqueles que perdéramos a esperanza da transformación a través da política asaltáramos as formacións políticas existentes e as transformáramos desde dentro. Se eramos maioría, ésta impoñeríase en calqueira formación que fose democrática no seu funcionamento. Moitas voces en contra xurdiron e mesmo criticaban a posible constitución dunha formación de novo cuño. Era un sinsentido pretender organizarse sin organizarse. E así foi diluíndose aquela masa crítica.

Hoxe estamos ante as primeiras Eleccións Xerais nas que podemos calibrar si o 15M serviu de algo ou non. Si aquela xente que saiu á rúa cando nunca antes o tiveran feito, ou deixaran de facelo, poden coller un voto transformador ou non. Temos, logo, que analizar as distintas opcións.

Un votante crítico que pediu transformación debería optar por unha candidatura que tivera celebrado primarias abertas para elexir aos seus candidatos e candidatas, que tivera traballado colectivamente renunciando ás siglas e sin pactos de cúpulas. Tería que ter sido receptiva ás demandas da cidadanía, ter ofrecido a posibilidade de quen quixera aportar o seu grao de area ao programa electoral o tivera feito.

Aqueles que chegaron ás Xerais sin ter cumplido estas premisas simplemente non entenderon nada do que supuxo o fenómeno do 15M. Outra cousa é que algúns se abracen ao mesmo co fin de tocar moqueta, mais buscando só substituir a uns para poñerse eles e acabar por non mudar nada máis aló do estético. De triunfar a farsa, será a peor das corrupcións posibles e provocará unha enésima desilusión. Nós, os que realmente apostamos pola transformación, seguimos berrando a pesares de que queren que non se nos escoite. Por que será?

Comentarios