Opinión

Nada é política

Sexa a conversa que sexa adoito por acabar falando de política É algo que levo nas venas, o necesito como o aire que respiro. Diríase que nacín para debatir, negociar, chegar a acordos e, sobre todo, soñar con que as cousas poden mudar para ben. 

Sexa a conversa que sexa adoito por acabar falando de política É algo que levo nas venas, o necesito como o aire que respiro. Diríase que nacín para debatir, negociar, chegar a acordos e, sobre todo, soñar con que as cousas poden mudar para ben. Mais no momento en que vivimos este fervor desinteresado por xestionar o que se da en chamar o público cando queremos decir o de todos seica está mal visto porque un fato de sinvergonzas vestíronse coa apariencia de excelentes persoas cando non eran máis que un niño de víboras e ladróns. Non falemos si, ainda por riba, vas de cara identificando a túa orientación política.

"Sin negar o extraordinario valor que a autoirganización social ten, atopámonos con que a cuestión das preferentes non é política e os partidos políticos non poden traballar en conxunto cos afectados e afectadas".

Sería evidente que non poden pagar xustos por pecadores, que si uns exerceron mal as súas funcións basta con retiralos dos seus cargos e substituilos por aqueles que dean un perfil máis axeitado. Pero nisto que dan en chamar política tampouco funciona o raciocinio como debera e acontece xustamente o contrario, aqueles que quixeron mudar as cousas para ben e tiveron maior ou menor éxito sufren un castigo sen igual e os que apañaron canto poideron até o límite en que era evidente que o facían siguen a pasear polas moquetas das institucións públicas.

Con todos estes feitos é normal que cando lle fales a alguén de que debería participar nun partido político fuxa a fume de carozo e non queira saber nada. É normal que cando xurde unha cuestión relacionada coa xestión do público en troques de acudir aos partidos políticos a esixir  responsabilidades e/ou solucións se opte por plataformas ”apolíticas”.

Sin negar o extraordinario valor que a autoirganización social ten, atopámonos con que a cuestión das preferentes non é política e os partidos políticos non poden traballar en conxunto cos afectados e afectadas. Non é política a reclamación dunha educación ou sanidade pública. Non o é tampouco esixir que aos emigrantes retornados se lles paralicen uns expedientes sancionadores que só buscan recaudar para pagar os xuros dunha débeda ilexítima. Ogallá en todas e cada unha das manifestacións que estes colectivos convocan poidésemos atopar bandeiras e representantes de todos os partidos políticos, sobre todo daqueles que exercen funcións de goberno e que deberían atender antes ás reclamacións dos seus representados que aos dos partidos que lles acollen.

"Quizáis debéramos, como escribira o magnífico Carlos Mella no seu “Luces de Fisterra”, deixar de convocar eleccións"

Non vou a entrar a discutir o evidente, se iso non é política qué diaño será o que o é. Entro nun comentario que alguén dixo nas redes sociais e que me deixou perplexo. Resulta que o Bloque Nacionalista Galego non debe convocar unha manifestación en favor da soberanía porque é unha cuestión que non debe ser de partido. Será entonces que teremos que renunciar a calqueira ideario en favor duns movementos sociais, que sendo fundamentais, non participan nas institucións democráticas.

Quizáis debéramos, como escribira o magnífico Carlos Mella no seu “Luces de Fisterra”, deixar de convocar eleccións. Bastaría con que o Partido Popular gobernase, repartindo a oposición nunha proporción tal que ningún dos presentes nela tivera a tentación de derrocar ao “lexítimo” e eterno goberno popular. Así poderíamos deixar os debates e as reclamacións sociais para os colectivos que se constituise “ad hoc”. Porque nada é política, non si?

Pola miña parte, sigo preferindo dar a cara ante os colectivos sociais e sin ocultarme decirlles: “són do BNG e estou dacordo contigo. Qué podo facer por ti?”.

Comentarios