Opinión

A impotencia ante a inxustiza

Hai moita xente que está xa insensibilizada, dalle igual o que lle pase ao próximo namentres non lle afecte a el ou ao seu entorno. Mais eu non podo, rabeo coa inxustiza, sobre todo cando pode evitarse cun simple xesto, con vontade. E ainda me poño peor si ante esa situación saen algúns a criticar a quen a sufre.

Hai moita xente que está xa insensibilizada, dalle igual o que lle pase ao próximo namentres non lle afecte a el ou ao seu entorno. Mais eu non podo, rabeo coa inxustiza, sobre todo cando pode evitarse cun simple xesto, con vontade. E ainda me poño peor si ante esa situación saen algúns a criticar a quen a sufre.

"Pode ser que alguén entenda que ante un préstamo de 40.000 € acabe debéndose 77.000 € e teña que entregarse un ben valorado en 160.000 € para saldala. Eu non, salvo que consideremos a usura unha lexítima forma de gañarse a vida".

Falo, por suposto, de Carme, a anciá do barrio de Vallecas que viu como tiña que abandonar o que foi o seu fogar os últimos cincoenta anos por unha serie de reveses familiares. Pode ser que alguén entenda que ante un préstamo de 40.000 € acabe debéndose 77.000 € e teña que entregarse un ben valorado en 160.000 € para saldala. Eu non, salvo que consideremos a usura unha lexítima forma de gañarse a vida.

Rabeo porque por moitos miles de casos que como éste se xunten nunca acumularán un saldo debedor que se poda equiparar ao dotado para desafogar ás entidades bancarias. "Non sexas demagóxico", diredes, "ao fin e ao cabo os bancos devolveron parte deses fondos". Pois como faría esta xente si poidese acollerse a un aluguer social. Eis a clave da cuestión. Efectivamente, o acreedor non ten porqué renunciar aos seus dereitos para protexer os dun terceiro. Esa obriga é das administracións públicas. Ante un caso como o de Carmen, ou como o de Aurelia e tantas outras persoas que incluso na época de vacas gordas miraban o peto cada día para saber si darían chegado a fin de mes, é o Estado, a Xunta Autonómica ou o Concello quen debe asumir a débeda e proporcionar un aluguer social e subvencionado. Porque moitos abren a boca para defender a sacrosanta Constitución Española, salvo que sexa para esixir o dereito a unha vivenda digna ou para que se cumpla a obriga de redistribuir a riqueza, claro.

"Cando me preguntar si público ou privado eu sempre contesto o mismo: nin ún nin o outro, cooperativismo".

Quen pola súa actividade profesional adoita coñecer e tratar co ámbito das entidades bancarias, do SAREB e daqueles que rápidamente se posicionaron ao seu arredor para explotar as novas posibilidades de negocio, pode decir ben que lonxe de recoñecer os erros e sufrir as súas consecuencias, os directivos e executivos de banca simplemente reciclaron as súas metodoloxías para seguir sacando tallada da situación. Impunidade e culpas a terceiros, amiguismo e obscurantismo. Namentres, o Goberno de España mira para outro lado e sorrí. "O problema eran as caixas de aforros, que eran públicas", dín. Que cínica manipulación. A realidade foi que puxemos aos raposos a coidar das galiñas e, sobre todo, porque eran éstas quenes tiñan que ter coidado delas mesmas. Hoxe fálase moito do empoderamento, cando en parte somos culpábeis de ter renunciado a el a través da delegación de responsabilidades.

Por iso cando me preguntar si público ou privado eu sempre contesto o mismo: nin ún nin o outro, cooperativismo.

Comentarios