Opinión

O debate liberal

En todo discurso que se precie dentro do ámbito da esquerda rupturista no pode faltar o ataque ás chamadas políticas neoliberais. Mais aqueles que se autodenominan como liberais insisten sistemáticamente en sinalar que nin a Unión Europea, nin Alemaña, nin tan siquera os Estados Unidos de América practican realmente políticas liberais. E non lles falta razón certamente. Eis a clave de que se empregue a definición de neoliberais, ainda que poderíamos empregar unha máis acaida, que é a de pseudoliberais. Non vou entrar en disquisicións e análises técnicas dos diferentes termos acuñados ao longo da Historia, xa que non són a persoa acaida nin é ése o obxectivo das miñas reflexións.

"Si seguimos sumidos na enverxa ou na desidia en troques de tender á solidaridade e o compromiso dificilmente, sexa cal sexa, un sistema político pode triunfar".

O feito é que é certo que existe un sector dentro do Partido Popular que se dí liberal, deturpando o termo de tal xeito como o fixo o PSOE co termo socialismo. Quizáis si o PSOE fose socialista e o PP liberal teríanse evitado moitos vicios no progreso democrático do Estado Español e a chapuza que se deu en chamar a transición española e a descentralización autonómica tería producido realmente un Estado Federal onde cataláns, vascos e galegos poidéramos convivir sen agravios e nos que a concenciación social tivera avanzado de tal xeito que os erros que nos levaron á actual situación non se terían producido. Falo de non ter caido na especulación salvaxe.

Este sector do Partido Popular é en realidade aquél máis extremo na ideoloxía conservadora, para nada afíns ao liberalismo social, intensamente intervintes no ámbito privado e estreitamente ligado ao catolicismo máis radical. Non falemos xa da destrucción absoluta da separación de poderes. Estamos a falar dun sector que odia o sector público porque desexa expoliar o tecido productivo dun país en beneficio propio. O conforman persoas con escasa capacidade de innovación e emprendemento, que busca o medre económico e de poder a costa do expolio das riquezas que produce a economía productiva. Qué ten esta actitude de liberal? Absolutamente nada.

"Cál é a alternativa? A autoorganización en todos os níveis, maior participación e compromiso nas decisións colectivas e orgullo pola pertenza a un proxecto común".

Non serei eu quen defenda as teoría liberais, porque como outras teoría políticas fracasa no fundamental, non contempla a variable corruptora do individuo. Todos e cada un dos sistemas políticos postos en práctica fracasaron na súa execución é porque se alonxaron dos principios teóricos. Un sistema socialista deixa de ser efectivo cando comulga con principio económicos liberais, un sistema comunista fracasa cando deixa de escoitar ao seu pobo e cae nas redes de poder que non deberan existir, un sistema liberal leva ao caos cando se manipulan as ferramentas regulamentarias de tal xeito que uns individuos teñan máis dereitos que os outros.

Non non enganemos, si algo debe correxirse para que un modelo de relacións sociais triunfe é no comportamento do individuo nese sistema. Si seguimos sumidos na enverxa ou na desidia en troques de tender á solidaridade e o compromiso dificilmente, sexa cal sexa, un sistema político pode triunfar. Cál é a alternativa? A autoorganización en todos os níveis, maior participación e compromiso nas decisións colectivas e orgullo pola pertenza a un proxecto común.

Comentarios