Opinión

“Para que nos serve Galiza?"

Un titulo para reflexionar sobre un amplo temario sobre Galiza que se aborda no libro publicado pola Editorial Galaxia, que nos ben do investigador e politólogo, Xaime Subiela (Chantada,1969). 

Un titulo para reflexionar sobre un amplo temario sobre Galiza que se aborda no libro publicado pola Editorial Galaxia, que nos ben do investigador e politólogo, Xaime Subiela (Chantada,1969). O interrogante do titular fainos mais sensíbeis na búsqueda de respostas para achegarnos a unha problemática histórica, tantas veces mal suxerida e interpretada. Volver ás orixes da nosa frustración nacional e indagar nesa problemática poliédrica, non deixa de ser un acto de enorme importancia para extraer conceptos e verificar con rigor unha abordaxe sociolóxica, para concibir non poucas subordinacións á que foi sometida Galiza a intereses políticos que entrañan ese complexo que nos leva a un grave problema de dispersión.

“Para qué nos serve Galiza?” A pregunta do titular do libro esclarece termos moi pouco frecuentes por parte do que pensa e cre a sociedade civil galega".

“Para qué nos serve Galiza?” A pregunta do titular do libro esclarece termos moi pouco frecuentes por parte do que pensa e cre a sociedade civil galega. O interrogante motiva introducirnos nun contido nada reducíbel, dunha cuestión ideolóxica con particularidades partidistas que non deixan de ser posturas estáticas as que se veñen practicando na Galiza. Neste punto, Subiela entra nunha análise pragmática e adereza cuestións das que hoxe moi pouco se fala do galeguismo, en seus procesos operativos, regresivos e limitativos. O corpus do galeguismo en súa metamorfose e en súa evolución natural ten prescrito? Claramente,o galeguismo fomentou propostas das que o nacionalismo recolleu e superou, felizmente, daquela idea tantas veces vaga do que realmente é Galiza, mais foi unha idea redencionista.

Galiza, alén do sentimento, temos que verificala desde propostas nada tímidas, desde tarefas que se desmarquen de hábitos formalizados por un ideario de imitacións foráneas e dunha estratexia que parta dun concepto amplo de nación e, tamén, de clase. Neste apartado, a pregunta continúa: “Para qué nos serve Galiza?” A qué clase serve ou se deixa espremer Galiza? Precisamos dun nacionalismo de clase que avance e se posicione nunha nova loita de clases capaz de configurar unha vangarda para deixar de ser nación oprimida, exenta de pesimismos e de complexos fronte aos demais. Unha fronte ampla e dirixente que supere as contradiccións actuais do que entendemos por nación e, tamén, por clase. 

Neste sentido, Xaime Subiela verifica nun pequeno apartado do seu libro, certos canles e condicións emerxentes sobre a nación galega desde un parámetro de condicións que requiren eximilas de datos estrictamente economicistas que a globalización impón. Estamos nun período de crise económica que profana valores nacionais e de clase. Estamos observando como a dirixencia dese mundo globalizado pretende esnaquizar as esencias de comunidades estábeis e alterar as nacións recoñecíbeis como diferentes, con  atributos de seu, que cada vez van perdendo lexitimidade baixo esa orde globalizadora. Velaquí outra pregunta: Galiza perde a súa idiosincrasia?

"A consciencia colectiva que construímos sobre o país tende a reparar máis nas súas incapacidades ca nas súas potencias” apunta Subiela.

“Paradoxical country” é un dos capítulos interesante do libro de Xaime Subiela que, ademais, ten interese desde unha óptica nacionalista cando varios autores entraron a analizar a Galiza desde o atraso económico, o atraso político, o atraso psicolóxico, o atraso reflexivo e, quizais un dos que nos perpetúa nos mais desesperados atrasos é a falta de conciencia colectiva como nación, cando non se aborda como elemento de debate continuo e emancipador. Tamén como clase desherdada que ten o seu respiro na vileza dos éxodos emigratorios, mentres os dirixentes pretenden impor as súas paixóns dialécticas coa “negra sombra”, son incapaces de crear unha vangarda que se concrete nunha orde nova; nunha coherencia que estimule ver o país noutra órbita ven distinta a como o pregoan certas voces, incluso os mal chamados intelectuais, que limitan o posíbel fervor dos que alentan ser recoñecidos como individuos implicados nas reivindicacións e loitas colectivas.

Neste sentido, Subiela apunta: “O que comentamos agora vai noutro sentido, creo que a nosa intelectualidade e a nosa intelligentsia adoece dunha identidade negativa de segundo grao, é dicir, a consciencia colectiva que construímos sobre o país tende a reparar máis nas súas incapacidades ca nas súas potencias”.
  

Comentarios