venres 03/12/21

Lao Tse, en Mao Zedong

O Tao Te King de Lao Tse mostra tantas sabedorías e inmensas lecturas en seus diversos espazos e tempos, desde fai cinco mil anos na historia de China. Esta pertinaz presenza no arraigo de tantas culturas orientais de exaltadas coherencias, teceron continuidade na observancia da humanidade en súas formas, variedades e cambios, no proceso daquela orixinal filosofía de Lao Tse. Cando traducín e adaptei o Tao Te King ao galego, reparei en varios procesos conxunturais que manifestan orixinalidade e proxección no pensamento de Lao Tse, que activou cambios políticos e sociais, desde o seu punto de partida orixinal. Lendo as “Cinco Teses Filosóficas” de Mao Zedong, e mesmo a súa poesía, puiden percibir que Lao Tse está presente na activa mecánica comunista de Mao. Mantendo certa estabilidade nunha compacta carga extraída do mundo antigo chinés e introducida na ideoloxía marxista polo “Gran Temoneiro” do comunismo chino. Non son poucas as precisións manifestadas do Tao Te King que están inxeridas no pensamento revolucionario de Mao. A visión transformadora do mundo, conceptuada na harmonía dialéctica de Lao Tse, conferiu a Mao Zedong unha sincronía na  causa e efecto dos preceptos e propostas que mantiveron outros dirixentes marxistas asiáticos, na loita anticolonial, mesmo no discurso poético e nas continxencias revolucionarias do propio Hô Chí Minh, que compulsou do Tao formidábeis secuencias tácticas, aplicadas a diversas estratexias marxistas de liberación nacional.

Cando Mao Zedóng fala de certas contradicións na dialéctica revolucionaria, citando o poema LVIII do Tao, con el ilustra as súas teses. Da primeira estrofa, extrae: “Cando o goberno é indulxente, / o pobo é de xenerosa pureza. / Cando o goberno é intransixente / o pobo tórnase descontento e transgresor”. As ensinanzas de Lao Tse, a través de varios milenios, configuraron a cultura e diversas fórmulas de pensar e consolidar a filosofía oriental dunha maneira xenuína na China e nun mosaico de variadas influencias alicerzadas no vital do pensamento filosófico e doutrinario que modulou concepcións e respiros emerxentes do Tao Te King. Por ese camiño virtuoso (Tao = Camiño; Te King =  virtuoso), Lao Tse transferiunos, nesas oitenta e unha mensaxes poéticas, progresivas descubertas de impacto. No Tao Te King, atopamos esa pegada tan concisa e decisiva para estruturar un coñecemento de análise e verificar un elemento dual, no que respecta a dous conceptos confrontados: positivo e negativo. Ben diferentes ao que acontece co dualismo medievalista cristián.

O camiño virtuoso do Tao, amplía a capacidade harmónica e dialéctica dos tres atributos primordiais: ser, estar e actuar. Sobre todo para que o ser humano aspire a concretarse nestas outras tres virtudes complementarias: plenitude, felicidade e liberdade, nos que se conforma a vida e a vía  no camiño do Tao. Ademais nese camiño vital, a humildade aparece como a vencedora do ego insidioso e individualista. Por iso o egocentrismo individual e colectivo, significa no taoísmo, a ausencia da humildade, da perfección e do anonimato persoal.

As particularidades filosóficas e doutrinarias de Lao Tse, foron admitidas non só por Mao Zedong e doutros procuradores da liberdade e da autoestima individual e colectiva dos pobos oprimidos. Cando leo o “Sempre en Galiza” de Castelao”, capto en súas propostas eses atributos primordiais: ser, estar e actuar, na proclamación das liberdades do pobo galego, na vía de conquistar seus dereitos nacionais. No ideario de Castelao concrétanse realidades que reflicten a acción esixente do espírito que mobiliza a autoestima, tan presente nos dons activos do Tao Te King. Moitas das urxencias e apelos suxerintes no pensamento de Castelao, conflúen e entoan co mais primordial da acción e toma de conciencia liberadora que expresa o Tao de Lao Tse. Non sei se Castelao era consciente desta conexión que ten o seu ideario político coas emisións 

Lao Tse, en Mao Zedong
comentarios