Opinión

Che Guevara, crítico literario

Os dons intelectuais menos coñecidos de Ernesto Che Guevara, quizais sexa  a súa crítica literaria. Ademais de ser un excelente poeta, cronista de viaxes como son as “Notas de Viaje. Diario de la ruta por Latinoamérica”, xornalista de crónicas de viaxes polo mundo e os “Pasajes de la Guerra Revolucionaria”. E crónicas xornalísticas que evocan os temperos ideolóxicos do pensamento do Che. A súa crítica literaria proclama a singularidade intelectual dos apeos virado cara o coñecemento e a cultura. Che Guevara foi un virtuoso confeso en tratar unha serie de traballos moi individualizados nese criticismo filosófico e político. O Che foi un intelectual que non andaba aos asexos do que dicían os especuladores interesados en promocionar a persoas “escribidoras” apoiadas por críticos xerifaltes e multinacionais do libro e da perversión literaria das conveniencias capitalistas.

A presenza do Che en México, no período de 1954-1956, permítelle escrebe unha serie de artigos literarios que máis tarde son publicados na revista da “Casa de las Américas”. Unha das primeiras críticas a fai ao libro: “Historia verdadera de la conquista de la Nueva España”, do cronista Bernal Díaz del Castillo. Na súa corta valoración dos anos de conquista, desvela os verdadeiros e  macabros aconteceres escritos polo castelán Díaz del Castillo, sen necesitar de manifestar a súa propia opinión, para non minimizar o descrito polo cronista, dándolle así dimensión a este. Outra das crónicas parellas á anterior, é “La Cronica del Perú”, de Pedro Cieza de León. O Che coloca a esta crónica como unha obra monumental, fala das terras divididas e apoderadas por españoles, o Che pon énfase nas palabras de Cieza: “Los ritos y las costumbres que tenían antiguamente los indios naturales, y otras cosas extrañas y muy diferentes de las nuestras, que son dignas de notar”. Guevara pon de relevo o seu pragmatismo de ir ás fontes historiográficas de variados contidos da conquista de América. En México complementou esas  aseveracións coas observacións verificadas na súa viaxe andina, en bicicleta, en 1951, acompañado por Alberto Granado, na que constatou as contradición polas que pasa Latinoamérica. Nesa estadía de dous anos en México, fai unha recensión sobre “La Araucana” de Alonso de Ercilla, considerado a primeira épica poética americana. Guevara extrae varios poemas de Ercilla para xustificar o proceso orixinal de colonización, xustificando o proceso de descolonización, achegándonos ao ideario nacionalista e indixenista do peruano José Carlos Mariátegui (1894-1930).

Che Guevara foi un crítico literario sen fronteiras, lapidador de escritores mediocres, como o manifesta contra Vicente Sáenz por emitir unha opinión sobre José Martí. Un Che enfurecido contra a mediocridade literaria: “Llamar iguales de Martí a Rómulo Bentancour y Haya de la Torre es un insulto al hombre que vivió en el monstruo y le conoció la entraña”. Noutro caso ben diferente, evoca a boa obra e o dato científico do libro de Alfonso Reyes sobre Goethe. Guevara era un asiduo lector do escritor alemán, como o demostra unha fotografía en que se encontra en Sierra Maestra, nun descanso, aparece con el un libro de Goethe. A crítica literaria do Che, no contexto histórico e social, permítenos entrar nun amplo inventario de variadas premisas e conclusións, como a que  fai sobre o libro de Bruno Traven, “La rebelión de los colgados”. Outra das críticas mais autorizadas do Che, sobre o libro, “Martín Fierro” de José Hernández, sobre a épica gaucha arxentina, desvelando extraordinarias facetas da suculenta cultura desa vella estirpe dos campeiros do Chaco.

Falamos de Arcilla como un dos precursores da poesía latinoamericana desde Chile, e o Che resalta a exaltación épica que remata na ofrenda que desde Chile constata Pablo Neruda en seu “Canto General”. Un dos enormes traballos de crítica literaria que o Che consagroulle a este libro, deixase ver o gran lector, o desvelado analista e escudriñador do “Canto General”. A plenitude crítica de Guevara resalta as iniquidades dos conquistadores españoles no anatema de Neruda. Di o Che: “¿Qué ha sucedido? Todos conocen la secuencia de la historia: en e horizonte aparecieron los ‘Los conquistadores’. Ampliando estes versos de Neruda”: “Los carniceros desolaron las islas. / Guanahaní fue la primera / en esta historia de mártires”. Che Guevara fai nómina destes depredadores na súa crítica: “Y van pasando Cortés, Alvarado, Balboa, Ximénez de Quesada, Pizarro, Valdivia. Todos son lacerados sin piedad por su cante detonante como un pistoletazo. Para el único que tiene palabras de cariño  es para Ercilla, el cantor de la gesta Araucana”. Entre Ercilla e Neruda, caben todas as epopeas daquel mundo antigo precolombino, alterado e masacrado, que aínda soporta as turbulencias que caben na odisea da épica lendaria de “La Araucana” e do “Canto General. Este poemario de Pablo Neruda, serviu de lectura de cabeceira Ernesto Che Guevara. Cando foi asasinado en Bolivia, o levaba na súa mochila guerrilleira, como metáfora.