Opinión

O despece sanitario

O ébola veu a descubrir o maior parasito que ten a sanidade estatal: o “goberno”, sustentado por feiticeiros e adiviños   que están aí por amiguismo e clientelismo de intereses escuros e non por profesionais sanitarios. 

O ébola veu a descubrir o maior parasito que ten a sanidade estatal: o “goberno”, sustentado por feiticeiros e adiviños   que están aí por amiguismo e clientelismo de intereses escuros e non por profesionais sanitarios. Resulta ofensivo á intelixencia que unha ministra de sanidade, sen arte nin parte no mundo sanitario, dirixa un ministerio e só para aplicar, en debida obediencia a Rajoy, o desmantelamento da sanidade pública. Unha sanidade sostíbel que a converten e tódalas posibilidades de improvisacións administrativas, e que o peor goberno da democracia, o de Mariano Rajoy, está empeñado en esfarelar o servizo público hospitalario, noutros que sirvan a un escenario de privatizacións, en función dunha sanidade clasista.

"Aterran mais os deslices e as prepotencias dun “goberno” que vai en solitario e coa albarda ás costas que o propio ébola".

Aterran mais os deslices e as prepotencias dun “goberno” que vai en solitario e coa albarda ás costas que o propio ébola. E xa non é un tema de desconfianza ou de apatía política cara o PP, que converte a súa euforia propagandística de desgoberno e deslealdade ao país. Trátase dun tema pragmaticamente moi serio, onde a saúde pública está no gume da navalla, no manual mais decadente dos que manipulan a sanidade en función de seus intereses políticos. 

Por simple ética a señora Ana Mato, enconchada en temas de mal uso, como o coche jaguar, regalo do seu ex marido, Jesús Sepúlveda, implicado no caso Gürtel, os enredos de coches, viaxes, excesivas festas de cumpre anos e outras luxurias que os medios de comunicación informaron, persiste na desfeita encomendada da sanidade pública. Só polo suposto destas indecencias, ningún país con firmeza democrática soportaría un persoeiro desta desmedida ao fronte dun ministerio. Mais para Rajoy prima o amiguismo e a lealdade de boca calada e obediencia debida. Unha maneira simple de perpetuarse nos cargos e na mentira.

 "O Hospital Carlos III evidencia o  espectacular retroceso que se deu a tódolos niveis sanitarios".

A desfeita sanitaria é notoria neste proceso de desmantelar os servizos públicos de saúde. O Hospital Carlos III evidencia o  espectacular retroceso que se deu a tódolos niveis sanitarios. En Galiza tamén se constata esa desfeita, suprimindo centros sanitarios comarcais e concentrándoos en cabeceiras de capital de provincia e persoal médico e técnico especializado. A desasistencia é consabida por todos, froito dun afán de privatización que foi contestado e paralizado pola fronte de loita dos sanitarios, constatando que a presión política obedece á interrelación entre intereses económicos en combinación a unha estratexia políticas, que o PP puxo en práctica  estragos na sociedade sanitaria e nos usuarios.

O ébola veu a destapar o que realmente viñan dicindo os verdadeiros mecenas da sanidade, científicos e técnicos sanitarios que advertiron da falta de medios e de soportes técnicos e científicos, en varios aspectos da medicina. Cando falamos do colectivo médico sanitario, sufrinte e baixo tantas conxuras administrativas, queremos incidir no alto nivel de profesionalidade, de achegamento e enteireza cara ao paciente, en situacións moi precarias, polo desfase de investimentos que a burocracia gobernamental mutilou. Mais os incompetentes políticos, en materia de saúde pública, culpan de seus propios desvaríos aos sanitarios que están facendo un esforzo sen límites, ben diferentes ás políticas de cortello. 

"Poñer na picote a Teresa é o mais fácil, por parte de confabulados depredadores da sanidade pública"

Exemplo de dignidade é o de Teresa Romero, a enfermeira galega infectado polo ébola, en transo de vida e morte, a fan culpable, a denigran e minimizan o seu valor filantrópico e profesional. Ante os nefastos administradores da oficialidade política faise insoportábel tanta insidia para crear confusión e  xustificar a súa nefasta función publica desde o búnker político das confusións, cando ignoran os protocolos internacionais sobre epidemias e outros factores de risco. 

Poñer na picote a Teresa é o mais fácil, por parte de confabulados depredadores da sanidade pública e, tamén, cuestionar aos sufridos profesionais que están dando exemplo de supervivencia ante un deterioro de formación e información como é o caso de ébola que entrou no Estado español por esa idea patriótica do actual neofranquismo, encarnado no egocentrismo patriótico de Rajoy. A marca España, marca as preferencias dun desgoberno que nos coloca nas antípodas doutro mundo que excede ao terceiro. 

Comentarios