Opinión

Ayusadas

O rigor do insulto e da belixerancia ayusista aporta moita luz aos parámetros en que se definen as mentiras, as investidas e as imprecacións en uso da presidenta autonómica de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Neste perfil sitúanse innumerábeis anatemas que disparan en múltiples direccións. Esta persoa é pouco coidadosa coas palabras, usa un material moi perigoso, conciso e letal. Francisco de Quevedo, subliñaba: “Las palabras son como monedas, que una vale por muchas como muchas no valen por una”. Unha encomenda realista que retrata as persistentes ayusadas da presidenta de Madrid. A integrista e lixeira verborrea sen límites, que escoitamos da señora Ayuso, marca a excentricidade hostil contra a certeza e os valores das palabras, que por ser moitas e mal administradas persuaden a quen mal as utiliza. Como sinalou Tales de Mileto: “Moitas palabras non son indicativo de moita sabedoría”.

Se a sociedade non é capaz de desautorizar e restrinxir os fíos invisíbeis manipulados por quen minte, perturba e dana os intereses do común, beneficiando aos que pretenden de que nada mude, utilizando un discurso perverso e desafiante contra as clases máis  necesitadas. Ante este desafío,  esta sociedade precisa reinventarse noutros valores de continxencia contra a inadmisíbel ferocidade que practican estamentos e persoas do perfil da señora Ayuso, e dos que manipulan as cordas do esperpéntico monicreque. A blindaxe do seu discurso negacionista proxectado por un aparello de inmobilistas asesores que se esforzan por superar os suspenses de Díaz Ayuso en seu propio labirinto. 

Resulta bastante perceptíbel os ademáns e os ridículos desafíos tan extremos que emite contra seus adversarios, tantas veces ridículos e infantís, dentro e fora do parlamento autonómico. A falta de pudor democrático e de acatamento as leis fundamentais, poden converter a certos dirixentes nunha especie de brillante moneca de porcelana, tan atractiva para ollala dentro dunha vitrina de museo de figuras de antigüidade. Mais esta suposta moneca de porcelana, con perfís de actualidade, admite as brusquidades e tufos que despide o modelo discursivo da estrema dereita en súas entendíbeis admiracións. A  candidata Ayuso dá sinales de atracción por concisos extremos que constantemente admite e exhibe. O constatan os seus arroutos de sinceridade, que non desminte os seus achegos desde o PP cara o acervo da estrema dereita. Isto o manifestou Ayuso e, tamén, a presidenta, en estrea, de Nuevas Generaciones do PP, a deputada vasca, Bea Fanjul, que admitiu concretas simpatías por Vox. O alcance desta sinceridade e valente actitude, contrasta co silencio sepulcral de miles de dirixentes e afiliados do PP, que conforman simpatías coas  hostes de Santiago Abascal. A danza verbal do señor Casado en ataques e desataques, segundo a conveniencia, o observamos na última moción de censura “dilapidando” a Vox; na recente actitude que santa irmandade caciquil practicou na moción de censura ao goberno autonómico de Murcia. Estas dúas incidencias clarifican a versión de Pablo Casado, de estar na brincadeira  de dúas coberturas: do si e do non, con preferencia do si a soster a irmandade. Neste contraste entre o si e o non, o “ser e non ser” do Hanlet shakespeareano. Esta é a cuestión abstracta na que se move o PP de Casado, coo súa demagoxia que explora na fantástica chistera onde aparece e desaparece o coello invisíbel.

Mais as ayusadas responden a outros síntomas e peripecias de adaptación, polas que pasa a sociedade do Estado español, ante tantas descomposicións e aventuras sociais provocadas pola covic -19, confírmase o oportunismo de resolver a seguranza de non perder o goberno autonómico de Madrid, con obstinadas posturas e instigacións contra as medidas do goberno central en materia de pandemia e afán de descrédito. O enroque do PP, fortalecendo as extravagantes ayusadas e convertendo a Madrid nun desafiante fortín integrista, onde se fabrican notábeis concertos de negativismo, cambiando de rol en función da estratexia contra as medidas gobernativas sobre a pandemia. Estatisticamente a traxedia da comunidade de Madrid é ven palpable, numericamente mortal e insidiosa, provocada pola covic -19 e consentida en parte pola presidenta escudeira en súas ridículas admisións. Semellante a unha perfecta e repugnante mascarada ao estilo do sinistro Fernando VII. As constantes ayusadas banalizan temas moi perigosos que non será fácil superalos nesta situación tan complicada. 

Comentarios