Opinión

Alerta cos "defensores da vida"

Temos o deber de espreitar aos falsos defensores da vida: antiabortistas, depredadores da mesma e intrépidos hipócritas, señoreando unha didáctica de intereses conservadores con diversos apelos insidiosos e cunha proclama que detesta da heroicidade e da fraternidade que nos autoriza a ser solidarios e atender aos que sofren e soportan problemas existenciais. Non estamos seguros que a fraternidade sexa un don que dignifique aos que proclaman a vida no útero xerminal e a vida maltratada e adulterada polos propios poderes, esquecendo aos desatendidos e marxinados que carecen dunha vida plena e fican no esquecemento dos falsos defensores que abarrotan a madrileña Plaza de Colón, revestidos coas cores "rojo y gualda", con insoportábeis berros e airando enormes estandartes e cruces que desafían á verdadeira caridade e misericordia evanxélica.

Remato de ver un programa televisivo no que se expuxeron desesperantes sufrimentos de persoas que soportan incurábeis enfermidades e de casos extremos, onde as administracións públicas prestan pingües recursos e plena insolidariedade coas sufrintes vidas sen plenitude. A vida esquecida e marxinada polos que falsamente proclaman a vida, nestes pechados circos de abandeirados farsantes, estes sempre precisaron de pobres  e escarnecidos, abastecendo seus poderíos a conta dos afastados.

Esta realidade inmesericorde continúa sendo actualidade, lémbrame aquel drama tan divulgado polos medios de comunicación do neno de trece anos, Jomián Leonel, con parálise cerebral desde a súa nacencia, fillo de emigrantes, e nun estado de plena miseria, Seus proxenitores sen recursos para poder superar tanta tristura e deficiencia. Esta tremenda situación tivo puntual suceso informativo cando Jomián faleceu en Cuenca en 2014. Ademais a súa familia foi escarnecida pola Junta de Castilla-La Mancha, presidida por María Dolores de Cospedal, que demandaba a xustificación de gastos dos trescentos miserábeis euros concedidos á súa mai coraxe, abandonada nas encrucilladas administrativas e laborais. Ademais foi aldraxada polo silencio e a pasividade de Cospedal. Esta devota de virxes e santidades, tan presente en multitudes procesións, arengando cánticos celestiais, como desfiles marciais e cantando o himno lexionario: "Soy novio de la muerte". Que bonito é a paixón e o anhelo patriótico da dereita; o clamor "defensivo pola vida", cando tratan de ignorar tantos síntomas de pobreza que ocultan coa mentira e o silencio desprezando vidas. Onde estades fillos da insidia que proclamades vida para aldraxada e pateala? En fin: cultivar prebendas e monopolios masacrando vidas que crean plusvalía? Puta que os pariu!!!