Opinión

O ADN nacionalista de Catalunya

Hoxe, para a cidadanía de Catalunya, pode esclarecerse o desexado día D. Mesmo no intre de tantas sospeitas que pesan sobre o dominio integrista continúa negando a realidade das aspiracións nacionalistas. Verificando as tácticas amidonadas que os estatalistas procuran flexionar a tendencia de voto nese deseño estático que presenta unha mudanza de aparencia renovadora xa non ten cabida na Cataluña actual. Neste conflito, o Estado dominante continúa utilizado os seus poderes contra a chamada disidencia catalá, con tácticas usurpadoras desde tódalas instancias posíbeis que emancipan as miserias dun centralismo estático e incapaz de apagar as fogueiras que acenderon en múltiples revulsivos contra Cataluña. As hostilidades dos poderes centralistas continúan respondendo a esa dialéctica inmobilista que poñen como marco e límite a Constitución de 1978. Esta é a xenética das conspiracións españolistas contra as tres nacións diferentes: Catalunya, Euskadi e Galiza. Velaquí o canon estático que trazou aquela Castela que  interpretou Antonio Machado: “Castilla miserable ayer dominadora / envuelta en sus harapos desprecia cuanto ignora”. Magnifica versión do poeta, revelando a Castela de lanza e helmo, destrutora das liberdades dos outros, dos diferentes. A Castela do Cid, do conde Fernán González, de Isabel e Fernando con Cisneros, do Conde Duque de Olivares e de todas as monstruosidades e cegueiras centralistas que asumiron os actuais  gobernantes, herdeiros das conquistas e das imposicións daquela Castela que está oculta baixo o nome de España, nos mesmos parámetros de conspiración e dominio.

Nesta situación de sospeitas e anormalidades democráticas que tratan de inculcarnos aquilo que detestamos pragmaticamente. O grande problema do Estado español, orgánico e centralista, é o desinterese que mostra  nas súas negativas en normalizar os dereitos fundamentais que incumben a liberdade dos pobos que aspiran a exercer a súa propia liberdade. Criminalizar, detestar e aprazar este dereito, con discursos superficiais e solemnizando inventadas maldades para anatematizar aos que non queren continuar sendo homologados e colonizados baixo a tutela de graves contradicións. Por tanto, non deixa de ser unha atrocidade totalitaria de calquera Estado que practique tantos desvaríos. Esta é a cuestión pola que pasa a Cataluña e que hoxe exhibe o seu ADN, tan completo e nada efémera por desexar ser ela mesma, sen interferencias, ditames e dominios que intentan neutralizar a súa cultura, lingua e utilizar aquilo que atente e agrida aos estímulos e atributos nacionais.

As eleccións autonómicas do día de hoxe, 14 de febreiro, imponse a ollada nos graves acontecementos históricos de outubro de 2017, coa imposición do artigo 155. Velaí o peso das sombras dos escudeiros españolistas e a insensatez dos poderes omnímodos dos ancestrais ditadores da España única. Nesta situación aínda están latentes tódolos episodios sucedidos hai tres anos. Cataluña ten esa capacidade de remontar situacións límite; de concretar estabilidade e fundamentarse en argumentacións pragmáticas que son fundamentais para concretar avances que superen asedios.

É verdade que estas situacións abriron fenda e desestabilizaron, en certa maneira, a unión nacionalista no goberno da Generalitat de Cataluña, con insistentes diferencias e visíbeis confrontacións, fracturas e posicionamentos inadecuados, produto das poderosas investidas do poder estatal. O enorme confronto entre un Goliat e un David non rematou. En toda esta situación de desafectos e contradicións, non perdemos de vista o nacionalismo dos graves acontecementos de 2017, que deu dous pasos avante e un atrás. Por tanto, gañou un notábel punto político e estratéxico nos dereitos que reivindica.    

As eleccións catalás do día de hoxe, celébranse nunha situación anómala polo que infunde a covid-19, e, tamén, polo conflito que continúa aberto, aínda en situación moderada. Os  resultados que se prognostican, non cambiarán de dirección, e, posiblemente, non desconxestionen a polarización de bloques que actualmente existen no chamado problema de Cataluña.

Comentarios