Opinión

Catro cantigas a Euskal Herria

Un xa entrou na melancolía da “vellice”, como dicía Guerra da Cal, e cada vez pasan o adral da temporalidade para ingresar no reino da eternidade máis amigos e amigos e amigas da república das letras e da soberanía do idioma, Cesáreo ben dixit. 

Un xa entrou na melancolía da “vellice”, como dicía Guerra da Cal, e cada vez pasan o adral da temporalidade para ingresar no reino da eternidade máis amigos e amigos e amigas da república das letras e da soberanía do idioma, Cesáreo ben dixit. Ernesto Guerra da Cal, Díaz Castro, Novoneyra, Luisa Villalta,  Manuel María refulxen na inanidade das estrelas e sementan señardade e nostalxia no sutil velo das lembranzas. Súmase agora María do Carme Kurckemberg. A nova do seu pasamento feriu ca dor as frebas da miña alma.

"Fai dous anos falei con ela por teléfono co gallo de pedirlle permiso para traducir ó éuscaro catro cantigas, que lle dedicara a Euskal Herria. Compuxéraas durante unha viaxe por Biscaia en 1986".

Coñecina persoalmente a finais dos 80 nun Galeusca de escritores, cando ocupaba a vicepresidencia da AELG, cargo que exercía grande sabedoría, pulcritude educativa e sincera cordialidade. Tras a aparencia dunha fermosura dórica e sobria, porte aristocrático e natural elegancia asomaba unha exquisita amabilidade, un trato sinxelo e agarimoso e unha fina sensibilidade, que engaiolaban como foi o meu caso. Vímonos e “observámonos competentemente”, como dicía Manuel María, noutros galeuscas. Sempre afable e sempre interesada polo meu acontecer nas terras éuscaras. Era unha delicia e unha fonte de saber escoitarlle relatos e anécdotas da súa dilatada e variada andaina vital. 

Gustaba e gusto moito da súa poesía, principalmente das súas cantigas, onde amosaba unhas maneiras singulares de versificar. Un imaxinábaa  vestida de trobadoresa recitando cantigas dende  O Rosal a Camiña, viaxando nunha dorna fuxidía polas ondas do Miño.    

Fai dous anos falei con ela por teléfono co gallo de pedirlle permiso para traducir ó éuscaro catro cantigas, que lle dedicara a Euskal Herria. Compuxéraas durante unha viaxe por Biscaia en 1986. Ficou agradecida e entusiasmada co meu prego.

Hoxe, post mortem por desgraza, como adoita a acontecer en moitas ocasións, dounas a coñecer e dedícollas para que as escoite na outra beira do Leteo celeste. Prezada María do Carmo van acompañadas da música dun gaiteiro e un txistulari. Pónlle as notas que queiras!.   
                

               CATRO CANTIGAS AO PAÍS BASCO
                Maria do Carmo Kruckemberg, 1986
                (Traducción ó éuscaro por Koldo Izagirre)

                LAU KANTIGA EUSKAL HERRIARI
                Maria do Carmo Kruckemberg, 1986


AO NERVIÓN

Baixaba seu remador
Bogando pola ribeira
    Do Nervión.

Dende a ribeira frolida
A rapaza ben o mira
    No Nervión.

Aínda que non ollara
Doce amor a enmeigara
    Ao Nervión.

Enmeigado o mariñeiro
Deixa correr seu anceio
    Polo Nervión.

"Post mortem por desgraza, como adoita a acontecer en moitas ocasións, dounas a coñecer e dedícollas para que as escoite na outra beira do Leteo celeste. Prezada María do Carmo van acompañadas da música dun gaiteiro e un txistulari. Pónlle as notas que queiras!"   

NERBIOI IBAIARI

Ba etorren bere txaluparia
arramutan etorren urez ur
    Nerbioi bazterrean

Loretan lore dauko neskatxa
begitik eta gogotik begira
    Nerbioi bazterrean

Begira ez baleuko bere
amodioak zuan sorginduko
    Nerbioi bazterrean

Sorgindua dau txaluparia
urez ur joako guraria
    Nerbioi bazterrean

FUN E VIN

A Santurce fun
Pensando que estarías
Co teu amor
Na orela do mar arpado.

De Santurce veño
Tristeira por traer
Ao teu amor
Morrendo, ai, de coitado.

JOAN-ETORRIA

Santurtzira joan nintzan
usterik han izango zinala
zeure amodioagaz
itsaso garraztuaren ertzean

Santurtzitik natortzu 
gogoa ilunik, dakardalako
zure amodioa
herio larrian, ai, atsekabez


A PONTE MORTA

!Ponte de San Agustín,
abre as portas deseguida
que xa estou cabo de ti!

Veño do mar e non podo
Deixar o barco na ría,
Teño medo que me leve
O vento e a maruxía.

!Ponte de San Agustín,
déixalle as portas abertas
que xa estou perto de ti!

ZUBI HILARI

San Agustingo zubia
zabal egizuz ateak atoan
zeuregana noan!

Itsasotik nator
eta ezin dot txalupa ibaian laga
beldur naiz haizeak eta itsasbeherak
deusten eroango.

San Agustingo zubia
zabal egiozuz ateak 
hemen nozu zeure alboan!

NOSA SENHORA DE BEGOÑA

Dende Bilbao a Begoña
Vai a Romeira ofrecida.
!Ai corazón, que belida
vai a Romeira!

Lévalle a Virxe un bico
Coma unha estrela ferida.
!Ai corazón, que belida
vai a Romeira!

I e no peito un soño antergo
Lume e lus de amaescida,
!Ai corazón, que belida 
vai a Romeira!

BEGOÑAKO AMA

Bilbotik Begoñara
erromes doa agindua betetzen.
Ai, ene bihotza, zeinen dan eder
Erromesa!

Musu bat daroatso Amabirjinari
izar zauritua lakoa.
Ai, ene bihotza, zeinen dan eder
Erromesa!

Eta golkoan amets zahar bat
goiznabarreko sua eta argia.
Ai, ene bihotza, zeinen dan eder
Erromesa!

            Xosé Estévez. 

Comentarios