Opinión

De rexeneradores e de tránsfugas

Un número considerabel de veciños e veciñas do Val Miñor , veñen de facer público un manifesto intitulado "Pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor " .Neste manifesto apelan a configuración de candidaturas unitarias para retirar do poder municipal os partidos do sistema .

Un número considerabel de veciños e veciñas do Val Miñor veñen de facer público un manifesto intitulado "Pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor ". Neste manifesto apelan a configuración de candidaturas unitarias para retirar do poder municipal os partidos do sistema .

"No manifesto para confeccionar as candidaturas unitarias bótase de menos que non haxa nengunha referencia a necesidade de loitar por acadar a soberania da nosa nación"

Nos obxetivos marcados no manifesto para confeccionar as candidaturas unitarias ,obxetivos que dende unha optica somentes de esquerda,son acertados , bótase de menos que non haxa nengunha referencia a necesidade  tamén de loitar por acadar a soberania da nosa nación .O imperialismo e a política neoliberal son as duas caras da mesma moeda .

A presencia institucional nos concellos ,ten que servir para xestionar as suas competencias ,en beneficio das maioiras sociais .Mais tamen ten que servir para criar conciencia de Pais .Para amosar que a soberania social e soberania nacional van xunguidas .Facer distincions é dar un paso adiante e dous atrás. Poderiase  acadar unha boa representación instuticional .Mesmo poderiase retirar do poder municipal os partidos do sistema .Mais a alternativa real para as maiorias sociais da nosa nación (non só as do Val Miñor), quederia difuminada .Se o que se quere é non somentes acadar cadeira nos salons dos plenos muncipais , as reivindicacions sociais e as nacionais teñen que situarse no memo plano .

"É compatibel a rexeneración democrática coa presencia nas posibeis listas, de transfugas , ou, se se quere, de rouba actas?"

Os asinantes do manifesto pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor afirman que o fan a nivel  personal .Mais o Val Miñor é un mundo pequeno e mais ou menos coñocémonos todos e todas .E xa que logo sábese quen é a mán que abanica este berce . E esta man son os ex-militantes do BNG (no que están concelleiros e concelleiras no concello de Gondomar que non entregaron as actas ) , que logo pasaron a Anova e que agora andan en Cerna .Evidentemente , teñen pleno direito a facer os prantexamentos que queiran; o mesmo direito que teñen outras persoas en opinar sobre so mesmos .

Non dubidando da boa intención dos asinantes do manifesto pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor ,apelando a confección de candidaturas unitarias, permítome facerlle as seguintes preguntas: Terían cabida nas listas das candidaturas unitarias ,aquelas persoas que sendo elexidos baixo as siglas de un partido político, abandonan o partido mais non entregan as actas? É compatibel a rexeneración democrática coa presencia nas posibeis listas, de transfugas , ou, se se quere, de rouba actas?

Comentarios