Opinión

Os resultados da manifestación na defensa do monte veciñal

No més de Maio do ano pasado, o V Congreso Galego de comunidades de montes declarou o día 22 de Xaneiro como dia da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal

No més de Maio do ano pasado , o V Congreso Galego de comunidades de montes , declarou o dia 22 de Xaneiro , como dia da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal. Dende a Organización Galega de comunidades de montes ,temos que facernos autocrítica por non ter planificado para tal dia deste ano , algunha acción ou actividade .

De ahí o noso sinceiro agradecemento a Xoan Carlos Dominguez Alberte polo seu artigo do pasado dia 23 deste mes nas páxinas de Sermos Galiza, referido o dia da loita da veciñanza comuneira .Seguro que ese artigo , ten mais valor que un que fora escrito por calquer veciño/a comuneiro/a .

<"Poderia considerarse como fito relevante no ano 2014, na loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal ,a manifestación do 22 de Novembro"

Poderiamos decir que a veciñanza comuneira , temos no noso adn , a defensa do monte veciñal .Mais que o escriba persoa que non ostenta esa condición , cobra mais relevancia .Siñfica que, ainda que sexa de vagar ,vai collendo pouso o lema do III Congreso Galego de comunidades de montes  (Caldas de Reis 2006) . e que era "Situar o monte veciñal na sociedade galega" .A implicación da sociedade galega e fundamental para a defensa do monte veciñal .

Ainda que con certo retraso , poderia considerarse como fito relevante no ano 2014, na loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal ,a manifestación do 22 de Novembro .Manifestación convocada para exisir a eliminación das falsas e inxustas débedas dos montes veciñais consorciados e conveniados .E decir , contra a pretensión da Consellaria do Medio Rural e do Mar ,de entregar a xestión destes montes veciñais  a empresas privadas .

"A Consellaria do Medio Rural e do Mar ,sigue negandose a eliminación total de falsas e inxustas débedas .A veciñanza comuneira sigue a esixir a total elmininación".

Mesmo antes de arrincar a manifestación ,a veciñanza comunira acadou unha victoria parcial .O prazo para perprertar este roubo ,pasou do ano 2016 ao ano 2018 .Mais tamén houbo outra victoria parcial .A Secretaria do Medio Rural  do Mar ,aceptou un calendario para que, coa participación da organizacions representativas das comunidades de montes ,se revisen as contas dos consorcios e dos convenios e se acaden criterios para unha elmininación parcial das falsas e inxustas débedas .A Consellaria do Medio Rural e do Mar ,sigue negandose a eliminación total de falsas e inxustas débedas .A veciñanza comuneira sigue a esixir a total elmininación.

A pretensión da Consellaria do Medio Rural e do Mar , de chegar ao ano 2016 e , en silencio e sen que se movera unha palleira ,e entregar os montes veciñais as empreas privadas ,a veciñanza comuneira , tiroulla pola borda .Agora pretende un novo cenario .E ainda que o campo esta embarrado ,a regras do xogo modificadas e o arbitro comprado ,a veciñanza comuneira xogará nese campo .Xogará co norte de acadar a eliminación total das debedas dos montes conveniados e consorciados , por ser falsas e inxustas.

A veciñanza comuneira pode acadar esta victoria total .Eso sí , con organización e mobilización .

Comentarios