Opinión

Non o roubo do monte veciñal

Odiado pola Consellaria do Medio Rural e do Mar ,e aplaudido polos intereses capitalistas , especulativos e urbanisticos , abreuse a veda para ó roubo do monte veciñal A campaña durará ate o final de esta lexislatura política , non sexa o demo , que non recunquen no poder .

Odiado pola Consellaria do Medio Rural e do Mar ,e aplaudido polos intereses capitalistas , especulativos e urbanisticos , abreuse a veda para o roubo do monte veciñal A campaña durará ate o final desta lexislatura política, non sexa o demo , que non recunquen no poder .

"Abreuse a veda para o roubo do monte veciñal A campaña durará ate o final desta lexislatura política"

A campaña para roubar o monte veciñal , ten dúas estratexias diferenciadas .Unha, a aplicar os montes veciñais consorciados ou conveniados .Outra ,para os montes veciñais xestionados libremente pola veciñanza comuneira .Para os primeiros ,a extratexia é doada .Se a mediados do ano que ven ,as comunidades destes montes veciñais, non pagan as débedas ( falsas e inxustas) que acarrexan , estes montes veciñais pasaran , de balde , a ser xestionados por empresas forestais privadas.

Para os segundos , como a cuestión é mais complicada , esta extratexia usurpadora , ten algo mais de percorrido .Basease na elaboración dunha normativa que impida que a veciñanza comuneira poida por en valor , de xeito multifuncional e sustentabel , as súas terras comunitarias. E que facilite a xestión destas terras as empresas forestais privadas.

Aplicar con todas as consecuencias a inxusta fiscalidade as comunidades de montes, tal e como se fosen sociedades mercantis. Deixar de facer os deslindes dos montes veciñais .Non considerar os titulares das terras comunitarias como principais beneficiarios das axudas destinadas ós montes e si as empresas forestais e a propria Administración.

(o programa de Desenvolvemento Rural 2014/2020,é clarificador).

Investimento obrigado e uniforme na mellora dos montes, sen ter en conta nen as caracteristicas dos montes veciñais , nen as necesidades de veciñanza comuneira .Todas estas cuestions , son claros exemplos da agresiva política de montes do Partido Popular .

"A Organización Galega de coomunidades de montes veciñais en mán común (Orgaccmm) , ten convocada para o dia sabado 22 de Novembro ,unha manifestación baixo o lema "Que non nos rouben os montes veciñais "

Para parar este roubo , a Organización Galega de coomunidades de montes veciñais en mán común (Orgaccmm) , ten convocada para o dia sabado 22 de Novembro ,unha manifestación baixo o lema "Que non nos rouben os montes veciñais " .Maninfestación que sairá da Estación do trén de Santiago de Compostela ,as 12 da mañàn. 

Fica claro que a veciñanza comuneira temos que acudir a esta manifestación (quérennos roubar os nosos montes veciñais ) ,Mais, entendemos que deberiamos ir acompañados polo resto da sociedade galega .Que se privatizen os montes veciñais , tamén afecta o resto da sociedade galega . Nestes montes privatizados ,non haberá obrigación (e moito menos interese) , en investir un porcentaxe dos ingresos  na millora do monte veciñal  e xa que logo en acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel .O que repercutirá negativamente na sociedade galega, no seu conxunto .

Os montes veciñais privatizados ,deixarán de investir parte dos seus ingresos en obras sociais e comunitarias , o que repercutirá negativamente na calidade de vida non só da veciñanza comuneira , senón tamén en toda a populación da zona de influencia do monte veciñal .E o mesmo poderiamos decir dos investimentos das comunidades de montes en manter as manifestación da nosa cultura .Se cadra , algún dia , haberia que cuantificar económico, social e politicamente a laboura das comunidades de montes na mantemento da nosa cultura (bandas de música, grupos de bailes , de gaitas , teatrais , conservación de restos patrimonais ...................) A privatización dos montes veciñais arrasará con to-
das estas cuestions .

Os montes veciñais en mán común son de todos e de todas .Porque son unha seña de identidade da nosa naciòn .Porque son outra forma de posuir que temos os galegos e as galegas .Da ahí que teñamos unha cita o 22 de Novembro en Compostela .Na manifestación que convoca a Organización Galega de comunidades de montes  para que "non nos rouben os nosos montes veciñais"

Comentarios