Opinión

Os montes veciñais (que non comunais), son da veciñanza comunera

O dia 25 de Outubro deste ano , nas páxinas de opinión do xornal Faro de Vigo ,o catedrático de Dereito Consitituciónal , o señor Eloy Garcia , aproveitando  un lamentabel accidente (o sufrido por Diego , no monte veciñal de Valadares ,a quen desexamos unha pronta e total recuperación ), verte escuma de raiba ,contra a veciñanza comuneira 

O dia 25 de Outubro deste ano , nas páxinas de opinión do xornal Faro de Vigo ,o catedrático de Dereito Consitituciónal , o señor Eloy Garcia , aproveitando  un lamentabel accidente (o sufrido por Diego , no monte veciñal de Valadares ,a quen desexamos unha pronta e total recuperación ), verte escuma de raiba ,contra a veciñanza comuneira .E de miserabeis aproveitar un accidente para conseguir un obxetivo ,escarbar no morbo da desgracia para arrancar aplausos .

"A existencia dos montes veciñais débese a loita que , ao longo de historia ,levaron adiante a veciñanza comuneira na defensa das suas terras".

A escuma de raiba vertida por este  "ilustrado " catedrático , mesmo o fai  confundir termos. Montes comunais e montes veciñais non son o mesmo .Nos primeiros , a titularidade correspondelle a unha administración pública  e os aproveitamentos os veciños e veciñas .Nos segundos a titularidade e os aproveitamentos , correspondelle a veciñanza comuneira .Dígoche isto dende o rural (como deixou escrito Neira Vilas, "eu son Lelo , un rapaz de aldea , como quén di , un ninguén) ,por se algunha vez poslle  os teus alunnos e alunnas esta pregunta e, por tua inorancia , suspendeslles o examen .

Sen embargo , a escuma de raiba vertida por este "iluminado" catedrático , non lle fai perder o seu clasismo nin o seu elitismo .Así, afirma que a existencia dos montes veciñais,debense a que estan recollidos na lei. Non home ,non . A existencia dos montes veciñais débese a loita que , ao longo de historia ,levaron adiante a veciñanza comuneira na defensa das suas terras. Loita que non lles saiu de balde xa que padeceron :castigos ,multas , cadea e memo mortes .O único que fixeron os lexisladores ( e o fixeron ben ) , foi plasmar na lei o que existia na realidade .

"Porque ti , o mesmo que eles , non concibes a existencia dunhas terras comunitarias fora do tráfico do comercio ( e decir, fora dos negocios ). E moito menos concibes que esten xestionadas democraticamente pola veciñanza comuneira".

Os que defendemos firmemente que os montes veciñais , son da veciñanza comuneira , tamén defendemos que teñen que ser espazos abertos , que teñen que cumplir , ademais de función económica as funcións medio ambientais e sociais ( ainda que coa lei na mán ,poderiamos pechar os montes veciñais a quen non ostentase a calidade de veciño-veciña comuneiro/a ). Mais, este uso social do monte , ten que estar autorizado e regulamentado para , entre outras cousas , evitar desgraciados accidentes como o que padeceu Diego no monte veciñal de Valadares.

Poderiase pensar que escribiche o artigo sen ter idea do que son os montes veciñais. Mais como eres catedrático de Dereito Contitucional. Claro que tés idea .A  mesma idea que teñen os intereses capitalistas .especulativos ,urbanisticos e a Consellaria de Medio Rural e do Mar. Isto é aproveitar calqueira circunstancia , para roubarlle os montes veciñais a veciñanza comuneira. Porque ti , o mesmo que eles , non concibes a existencia dunhas terras comunitarias fora do tráfico do comercio ( e decir, fora dos negocios ). E moito menos concibes que esten xestionadas democraticamente pola veciñanza comuneira .

P D

Respeito as outras animaladas que verte sobor a veciñanza comuneira ( axentes activos na destrucción do noso mundo ,culpabeis  dos lumes forestais , da especulación, do lixo ..........),somentes aplicar o dito
popular "palabras de burro non chegan ao ceo "

                                     O Pte da ORGACCMM
                                     Xose Alfredo Pereira Martinez

Comentarios