Opinión

Mareas ou constrúes

As vindeiras eleccions municipais presentanse nunha situación complexa para o nacionalismo (lease BNG) .Situación complexa refrexada en :Irrupción de marcas eleitorais que baseandose na indifinición (cando non na contradicción ) ,tentan apañar votos de xeito transversal . Agromar de plataformas , manifestos,somos ,mareas........ ,que prantexan candidaturas unitarias  nas que se prioriza a cuestión social deixando aparcada a cuestión nacional ; cando para o nacionalismo as duas cuestions teñen que ir xunguidas.

As vindeiras eleccions municipais preséntanse nunha situación complexa para o nacionalismo (lease BNG) .Situación complexa refrexada en :Irrupción de marcas eleitorais que baseandose na indifinición (cando non na contradicción ) ,tentan apañar votos de xeito transversal . Agromar de plataformas , manifestos,somos ,mareas........ ,que prantexan candidaturas unitarias nas que se prioriza a cuestión social deixando aparcada a cuestión nacional ; cando para o nacionalismo as dúas cuestións teñen que ir xunguidas.

<"O BNG debe presentarse como tal as vindeiras eleccions muncipais .Neste sentido é acertada a proposta lanzada, fai uns dia polo BNG ,de convocar asembleas abertas"

Esta situación complexa hai que enmarcala na reforma eleitorial antidemocrática que vai perpretar  o Partido Popular para que goberne o partido que teña mais votos, que non e o mesmo que a opción mais votada; sen esquencer o pasado conficto no seo do BNG ( conflicto ideolóxico e non de personalidades) , e que ten que repercutir negativamente nos resuldados eleitorais,cando menos no curto e medio plazo.

Dende a miña posición de simpatizante do nacionalismo ,e respetando o acordo que tome a militancia do BNG , que é a que ten que tomalo, entendo que o BNG debe presentarse como tal as vindeiras eleccions muncipais .Neste sentido é acertada a proposta lanzada, fai uns dia polo BNG ,de convocar asembleas abertas para traballar de cara a estas eleccions .

Mais estas asembleas, non poden facerse con táctica defensiva .Non pode dar a impresión que se fan  por.......... .Fanse porque , ainda recoñocendo que houbo un aletergamento das mesmas , sempre foi un dos principios organizativos do nacionalismo .

Nestas asembleas débese facer autocritica, mais sen cair na flaxelación .Débense tratar cuestions que están no debate da rua, sobor de todo na populación moza. Éde xustiza recoñocer que as marcas eleitorais, supuxeron a chegada á política de sectores que estaban na abstención e que osixenaron cuestions,sobor de todo de funcionamento democrático , que estaban ,doentes .Estou a falar de que nesas asembleas,hai que falar de: orzamentos municipais participativos , regulamentos de participación
veciñal , remunicipalización de servizos públicos privatizados , horarios de plenos axeitados ,asesores/as , salarios...........

As razons polas que entendo que o BNG debe presenterse como tal as vindeiras eleccions municipais son:

"No clima político actual (antinacionalista) ,a política do BNG nestas candidaturas unitarias , quedaría bastante diluida".

-As elecions muncipais son nas que teñen máis peso as cuestions organizativas. Sen organización é moi dificil presentar candidaturas. O BNG non debe por a sua organización ao servizo das marcas eleitorais

-No clima político actual (antinacionalista) ,a política do BNG nestas candidaturas unitarias , quedaría bastante diluida. O eleitorado quedaria sen coñecer esta opoción.

-As cuestions política-organizativas , tamén nas eleccions municipais , teñen que situarse nun plano superior as cuestions institucionais .Por por un exemplo simple ( e polo tanto limitado) , é preferíbel ter capacidade de movilizar 15.000 persoas no dia da Patria e ter 9 deputados/as, a ter 19 deputados/as  e ter que desconvocar o dia da Patria, por non ter resposta social .

-O obxetivo central de estas candidaturas unitarias e votar dos gobernos dos concello ao Partido Popular .Mais para elo, hai que contar co PSOE .E este partido, chegado a hora, estaria mais pola gran-coalicción co PP, que nun frente popular. Boa proba delo e a negativa a participar no proposta do BNG , de facer un fronte común para combater a reforma eleitoral antidemocrática do Partido Popular .

A palabra mareas ten diversos siñificados. Desiquilibrio persoal momentáneo, liar o palangre .Ou rtimo acompasado do mar .As veces este ritmo acompasado do mar desbócase e convírtese en galerna.Galerna que ao seu paso, arrasa con todo . Co malo, mais tamén co bo. Somentes quedan en pé os edificios ben construidos  ou os construidos a xeito. Falando de mareas políticas, venme á memoria unha pancarta que len fai anos na Festa do Avante do Partido comunista portugués .A dita pancarta rezaba "Hai momentos históricos que resistir siñifica avanzar " .

Coido que a pregunta que hai que facerse nestes vindeiras eleccions (e tamén nas demais ) é :mareas ou constrúes ?

Comentarios