Opinión

Os lumes forestais non son unha serpe de verán

Hai unha tendencia , errada no meu entender , de considerar os lumes forestais como un problema illado. Como un tema que somentes ocupa páxinas nos medios de comunicación social na época do verán ,como se fose unha mais das novas frívolas que abondan nesta época .Os lumes forestais non son unha praga bíblica,onde as causas que os provocan , veñen do mais alá.

Hai unha tendencia , errada no meu entender , de considerar os lumes forestais como un problema illado. Como un tema que somentes ocupa páxinas nos medios de comunicación social na época do verán ,como se fose unha mais das novas frívolas que abondan nesta época .Os lumes forestais non son unha praga bíblica,onde as causas que os provocan , veñen do mais alá.

"A política de montes acaída para rematar (no medio e no longo prazo ) cos lumes forestais pasa por : ordenación do territorio e dos usos das terras para beneficio das poboacións do medio rural" 

 A problemática dos lumes forestai , onde non só arden os montes , senón que tamén arde o territorio, ven derivada das aplicacións de políticas de montes concretas, de aí que unha das súas causas sexa de carácter estrutural .A loita eficaz contra os lumes forestais .pasa por acadar unha política de montes acaída .Esta loita eficaz, precisamente por que unha das causas  lumes forestais ,son estruturais ,acadará resultados no medio e no longo prazo .Este é o verdadeiro sentido que ten a frase "os lumes forestais apáganse no inverno".Non é somentes ter os montes limpos, xa que os montes non son , nin deben de ser , xardíns.

A política de montes acaída para rematar (no medio e no longo prazo ) cos lumes forestais pasa por : ordenación do territorio e dos usos das terras para beneficio das poboacións do medio rural  e dos intereses das maiorías sociais da nosa nación , posibilitar o logro de un monte multifuncional e sustentábel ,axustado en primeiro lugar as demandas dos titulares das terras e en segundo lugar axustado as demandas da sociedade galega no seu conxunto , permitir que a posta en valor de estas terras , señan levadas adiante polo seus titulares ,combater os lumes ,nas súas facetas de extinción e investigación dende a  Administración Publica Galega.A loita contra o lume, non pode entenderse como negocio (privatización ) ,xa que a lóxica da empresa é a mais volume de negocio , mais dividendos ,senón como un servizo público .

Por moito que a maioría dos medios de comunicación social e o Partido Popular , queiran ocultar , esta política de montes acaída, existiu.Deuse na Consellaría do medio rural ,dirixida politicamente polo BNG, do goberno bipartito ;aínda que certamente ,non tivo tempo a desenvolverse plenamente. Xa que logo, cando se debata  da problemática dos lumes forestais ,e necesario falar de política de montes .

Co retorno do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galiza ,esta política de montes acaída, foi derrubada .O Partido Popular impuxo, e sigue impondo unha política de montes radicalmente  distinta .Unha política de montes que se caracteriza por :considerar como o único aproveitamento para os montes ,o aproveitamento forestal ,mais forestal en réxime de monocultivo (eucaliptus ) ,usupar monte veciñal os seus lexítimos titulares para entregarllos de balde as empresas forestais , impedir que os titulares das terras sexan os protagonistas da súa posta en valor,favorecendo as empresas privadas para que o fagan , privatizar todas as facetas da loita contra os lumes .

"Por moito que a maioría dos medios de comunicación social e o Partido Popular , queiran ocultar, esta política de montes acaída, existiu.Deuse na Consellaría do medio rural ,dirixida politicamente polo BNG"

A política de montes do Partido Popular , facilita  que os lumes forestais ,continúen ,sen data de caducidade , sendo un grave problema para o territorio galego .Cando se debata da problemática dos lumes forestais, compre por no primeiro plano a política de montes necesaria ,porque e a clave  para vencer os lumes forestais .E os galegos e as galegas , temos dúas política de montes , radicalmente distintas, para comparar .

Os dirixentes do Partido Popular ,son especialistas nos eufemismos, en votar balóns fora , en artellar cortinas de fume .E no caso do incendio forestal que tivo lugar ,estes dias ,nos concellos de Quiroga e Larouco , sacaron sobresaínte cum laude.O Sr Secretario Xeral de medio rural e mar falou de que o inicio do lume deuse nunha pendente complicada (non falou que a dia de hoxe , aínda non estean montadas todas as cuadrillas de prevénción ).A Sra Conselleira de medio rural e mar botou flores ao despegue do Exercito Español nos montes galegos ( non falou de que este  despegue que non ten nada de eficacia no combate os lumes forestais ,cústanos os galegos e as galegas, en todas as súas fases , a cantidade de 1.100.000´00 euros ). A risco de que me tilden de demagóxico , a pregunta sae soa: Cantos proxectos mulfuncionais e sustentábeis  se podían por en marcha con estes cartos? .

 Podemos vencer os lumes forestais ? .Podemos .Mais , precisase de unha política de montes acaída .Falar da problemática dos lumes forestais ,sen falar de política de montes , e como falar para a feira .E unha serpe de verán .

Comentarios