Opinión

Lei de acompañamento: lume forestal, dano colateral

O Partido Popular ,en solitario ,vai  a aprobar no Parlamento Galego a Lei de Acompañamento para os orzamentos xerais da Xunta de Galiza. Mediante esta lei ,de case lectura única, modifica en profundidade diversas leis vixentes. E modificaas ,non somentes furtando o debate parlamentar , senón tamén o debate coas entidades do sector  e coa cidadania xa que non existe a exposición pública de esas modificacions de calado. Este método pode ser legal (de feito eo), mais é tremendamente antidemocrático .

Por medio de esta lei de Acompañamento, o Partido Popular  modifica dous  artigos da lei de montes veciñais en mán común  .Un sobre a xestión cautelar dos montes veciñais en estado de abandono e o outro sobre a declaración de un monte veciñal en estado de abandono .

No que fai respeito a primeira modificación consiste na usurpación ,incautación ,roubo da xestión do monte veciñal a veciñanza comuneira para entregarllo de balde as empresas forestais e madeireiras .E non dos montes veciñais en estado de abandono,mesmo dos montes veciñais ben xestionados .A modificación di que un monte veciñal pode ser xestionado cautelarmente pola Consellaria do Medio Rural ou por terceiros ,cando a entidade xestora do Banco de Terras informe que existen razons obxetivas de índole tecnico  que non permitan ou limiten ,total ou parcialmente ,o aproveitamento forestal do monte ,

Estamos diante de unha usurpación a besta da xestión dos montes veciñais en mán común .Non estamos a falar da xestión cautelar  dos montes veciñais en estado de abandono .Estamos a falar de usurpación de montes veciñais ben xestionados , pero que non apostan polo modelo forestalista que prantexa o Partido Popular e as empresas forestais e madeireiras .Poñamos un exemplo  .Imaxinemos un monte veciñal na que toda a sua superficie e suceptibel de ter un aproveitamento forestal .Mais a comunidade de montes ,no seu plano de ordenación acorda que o 25% da superficie do monte ,teña un aproveitamento gandeiro , o segundo 25% da  superfice  seña para producir froitos do monte ,o terceiro 25% , para por en valor os restos patrimoniais  e o restante 25% da superficie para produción de madeira .Non estamos diante de un monte veciñal en estado de abandono .Estamos diante de un monte veciñal ben xestionado .Pois ben , este monte veciñal ,ben xestionado , pode ser incautado e entregada a sua xestión as empresas forestais e madeireiras privadas porque ,podendo  tecnicamente ter toda a sua superfice a produción de madeira ,somentes a ten nun 25% .

A outra modificación da lei de montes veciñais  prantexada na lei de Acompañamento ,e o das pautas para declarar un monte veciñal en estado de abandono e a sua xestión cautelar .Mediante esta modificación , a Consellaria do Medio Rural pode definir as pautas para declarar a un monte veciñal en estado de grave abandono ,como e cando queira .E unha vez declarado , entregalle a xestión do mesmo a unha empresa forestal ou madereira por un periodo de 50 anos .Cando o lóxico seria que estes montes veciñais en mán común declarados en estado de abandono , fosen xestionados cautelarmente de xeito paritario entre a Consellaria do Medio rural e a comunidade de montes afectada,contando coa colaboración das organizacions de comunidades de montes de ámeto superior .O obxetivo fundamental de esta xestión cautelar paritaria , tiña que ser  a corrección das causas que provocaron a declaración do monte veciñal en estado de grave abanono .E unha vez correxidas , devolverlle a xestión do monte veciñal en mán común a comunidade de montes .Pero non , o que fai a Consellaria do Medio Rural  e aproveitar  esta declaración  unilateral  de estado de grave abandono , para de novo , entregarlle terras comunitarias as empresas madeireiras e forestais .

A lei de Acompañamento os orzamentos xerais da Xunta de Galiza para o ano 2018 ,volve a ser usada polo Partido Popular para profundizar na sua nefasta política de montes :privatizar os montes veciñais e entender como uso do monte , o uso forestal .E decir , unha política de montes que insiste en manter viva unha das causas estructurais dos lumes forestais ,o monocultivo forestal .E logo , a Consellaria do Medio Rural e as empresas forestais e madeireiras non lle preocupa os lumes forestais ?.

Evidentemente que lles preocupa .Mais postos na balanza  o ter toda a superficie do monte veciñal ao servizo do seu negocio ,ou a erradicación dos lumes forestais , estes son considerados como danos colaterais e xa que logo , asumidos como algo normal.

Comentarios