Opinión

A forza da organización e da unidade

A veciñanza comuneira, apoiada polas entidades que desenvolven a sua actividade no medio rural e polo nacionalismo político, ven de manifestarse polas manifestarse polas rua de Compostela.

A veciñanza comuneira, apoiada polas entidades que desenvolven a sua actividade no medio rural e polo nacionalismo político, ven de manifestarse polas manifestarse polas rua de Compostela. O moitvo da manifestación era parar o roubo do monte veciñal  que o Partido Popular e os  intereses capitalistas ,especulativos e urbanisticos, que ampara, tiñan prantexado para a ano 2016. Curiosamente, os outros compoñentes do chamado sector "forestal" (empresas forestais ,industria da madeira, asociacions forestais....... , non apoiaron esta manifestación pola defensa do monte veciñal .Non a apoiaron porque , para inchar os seus negocios ,tamén lle interesa a privatización dos montes veciñais .

 "O que fai é cumplir a lei de montes de Galiza .Unha lei que, aprobada en solitario polo Partido Popular e sen o consenso do sector, dispón, na sua disposición transitoiria  transitoria novena, o roubo do monte veciñal"

A manifestación para evitar o roubo do monte veciñal, veu precidia de numerosas asembleas informativas en varias zonas do Pais .Nelas, dábase conta do intento do Consellaria do medio rural e do mar ,de que ,se as comunidades de montes non pagaban as falsas e inxustas débedas dos convenios , terian que entregar a xestión das suas terras  a unha empresa forestal privada .As conclusions destas asembeas informativas, foi , ademais de apoiar a manifestación, enviarlle escritos a Consellaria de medio rural e do mar, pedindolle as contas desas falsas e inxustas débedas .Cousa que fixeron un importante número de comunidades de montes .

Os argumentos dados pola conselleira do ramo, a Sra Quintana, para xustificar este roubo do monte veciñal, foron de puro subrealismo (ou de pensar que os veciños e veciñas do rural ,somos abofé) .Así, ante unha proposta da deputada do BNG ,a Sra Tareixa Paz,de dotar de unha partida orzamentaria a Consellaria do Medio rural e do mar , para eliminar as falsas débedas e evitar o roubo do monte veciñal , contesta que ela non quer usurpar monte veciñal e que o único que fai e cumplir a lei .Evidentemente o que fai é cumplir a lei de montes de Galiza .Unha lei que, aprobada en solitario polo Partido Popular e sen o consenso do sector, dispón, na sua disposición transitoiria  transitoria novena, o roubo do monte veciñal.

O Partido Popular coidaba que a veciñanza comuneira ia a estar parada .Que chegase o ano 2016 en silenzo para aplicar a disposición transitoria novena e roubar 300 mil hectareas de monte veciñal a veciñanza comuneira .Mais , equivocouse de cabo a rabo .A veciñanza comuneira do presente século , ao igual que a de séculos pasados , soubo estar a altura das circunstancias e defender as terras comunitarias .Terras que , sendo suas , tamén son disfrutadas pola sociedade no seu conxunto .Ante esta mobilización , o Partido Popular , non tivo mais remedio que reaccionar .De feito que presentou unha enmenda a lei de Acompañamentos os Orzamentos Xerais da Xunta de Galiza .Mediante esta enmenda , dá un prazo de dous anos mais ( ate o 2018) ,para perpretar este roubo do monte veciñal .

"Queda demostrado, que a unidade, a organización e a mobilización é unha ferramenta imprescindibel" .

Para a veciñanza comuneira, esta digamos "moratoria" non vale . Mais, da un tempo, dous anos, para que  as comunidades de montes nos organizemos e loitemos para que, nin unha hectarea de monte veciñal ,pase a xestión privada. Outra volta queda demostrado, que a unidade, a organización e a mobilización é unha ferramenta imprescindibel .A organización provén da unidade de criterios e acada resultados .Como ben sabenos ferreiros , os ferreiros de un mundo mellor, tamén, o ferro e duro ,mais se se bate nel con firmeza e constancia , o ferro tamen dobra ,.

Que pasaria se as comunidades de montes estivesemos unidas e organizadas ?.Unidas e organizadas en clave de Pais ,dado que somos comuneiros e comuneiras de unha nazón, Galiza .Pasaria entre outras cousas, por por un caso , de que os montes veciñais seguiran a ser terras comunitarias ,xestionadas democráticamente polo veciñanza comuneria .

Comentarios