Opinión

Democracia, Partido Popular , auga e aceite

Amparandose na barreira do 5% dos votos para acadar representación institucional .Amarrandose a Lei D `hondt,que favorece aos grandes partidos , en detrimento dos outros , o Partido Popular , fai da <>democracia a sua leira .

Amparandose na barreira do 5% dos votos para acadar representación institucional .Amarrandose a Lei D `hondt,que favorece aos grandes partidos , en detrimento dos outros , o Partido Popular , fai da democracia a sua leira .

"Os do Partido Popular están tan empoleirados nesa maioria parlamentar (legal , mais nin xusta ,nin real), que nin siquera , coidan as formas" 

Baseandose neste sistema eleitoral ( legal , mais non xusto), o Partido Popular  acada maioiras parlamentares , que non é o mesmo que acadar o sentir da maioira da cidadania .E con esta maoiria parlamentar (legal , mais non real) , impón a sua ideóloxia de clase .A ideoloxia do capital .

¡Privatización dos servizos públicos , auxilio a Banca , eliminación de dereitos socias e laborais , copagos, impedir o exercicio dos dereitos democráticos e liberdades individuais , recentralizacions,... (e paramos porque a lista seria interminebel ) . son chanzos de imposición da sua ideoloxia neoliberal en contra dos  intereses das maiorias sociais  e dos intereses de Galiza como nación que é.

Os do Partido Popular están tan empoleirados nesa maioria parlamentar (legal, mais nin xusta ,nin real), que nin siquera , coidan as formas. Impón a sua ideloxia de clase e por riba quer que sonriamos (como deixou escrito Castelao , mexan por nós e temos que decir que  chove ).

"A veciñanza comuneira padecemos esta imposición idelóxica  doblemente. Como cidadans e como titulares dos montes veciñais en mán común".

Mesmo temos que aturar a sua cara de satisfación cando rachan as mans aplaudindo as suas leixes ideolóxicas. Que nos "jodamos" como dixo aquela deputada do Partido Popular  nas Cortes Xerais do Estado , cando recortaron prestacions os parados e paradas .

A veciñanza comuneira padecemos esta imposición idelóxica  doblemente. Como cidadans e como titulares dos montes veciñais en mán común. A Organización Galega de comunidades de montes veciñais en mán común (Orgaccmm) ,é unha organización, polo menos , tal legal e representativa , como as outras asociacions "amigas" do sector (Afg, Mán común ,Sylvanus) .Durante o ano pasado , a Orgaccmm , presentou 18 solicitudes de reunions, tanto coa Conselleira de Medio Rural e Mar, como co seu Secretario Xeral ( o verdadeiro conselleiro de montes) .Evidentemente , non eran reunions para pasarlle a mán polo lombo , nen para decirlles que eran os mais listos da clase .Eran reunions para tratar temas relacionados coa  sua política de montes .Política de montes negativa para o monte veciñal , para a  veciñanza comuneira e para o Pais .

"Nin sequera se dignaron a responder, ainda que fose para dar unha mala disculpa .Pasaron olimpicamente das 18 solicitudes da Orgaccmm".

Aplicando aquela máxima militar de " ao enemigo nen auga", nin a primeira , nen o segundo, atenderon a nengunha das 18 solicitudes . Nin sequera se dignaron a responder, ainda que fose para dar unha mala disculpa .Pasaron olimpicamente das 18 solicitudes da Orgaccmm.

Esta actitude do goberno da Xunta de Galiza do Partido Popular , ten un nome :antidemocrática .Ainda que se alguén pensa que é unha actitude totalitaria ou fascista , tampouco está equivocado/a .

Fica claro que a democracia e o Partido Popular , o que o aceite e a auga . Non se mesturan .

Comentarios