Opinión

Convenio de Medio Rural, Fegamp e Seaga na loita contra o lume

Por segundo ano consecutivo ,está en vigor o Convenio de colaboración entre a Consellaria do medio rural ,a Fegamp e a empresa pública Seaga , en materia de prevención e de defensa contra os lumes forestais (deberia decirse contra os lumes do territorio) .O obxetivo de este convenio e a xestión da biomasa forestal e a eliminación de especies pirófitas nas denominadas faixas secundarias(solo urbanizabel ,de nucleo rural e urbanizabel delimitado edificacions e instalacions industriais) ,e nas faixas terciarias ( camiños ,pistas forestais ,vias) .

O convenio de colaboración obriga os concellos a cumplir a vixente lei de prevención e de defensa contra os lumes forestais (responsabilidade de facer estes traballos nos terreos da sua propiedade e a execución subsidiaria en terreos que non son da sua titularidade ) .Este convenio tamen permite a adhesión de comunidades de montes e propietarios particulares ,previo pago de 350 euros hectarea/ano .

Cando falamos de xestión de biomasa forestal e eliminación do arborado na faixas secundarias e terciarias ,estamos a falar de seguridade para toda sociedade galega ,xa que logo ,estes traballos , deberian ser financiados na sua totalidade con recursos públicos .

Neste convenio de colaboración este ano , introduceuse unha addenda que podemos considerar acaida .Consiste en levar adiante proxetos piloto ,para que ,nestas superficies que quedarán a ermo ,se prantexen alternativas multifuncionais ( pastos , arbores froiteiros ou melíferos , camelias ,frondosas autoctonas ,plantas mediciñais.........).Porque unha cousa fica claro.Eliminar a biomasa forestal cada tres/catro anos sen outro obxetivo que limpar , é económicamente inviabel .

Este convenio de colaboración entre a Consellaria do medio rural ,a Fegamp e Seaga ten unha pega considerabel.Consiste en que obrigatoriamente todos os traballos derivados de este convenio (eliminación da biomasa forestal,proxectos pilotos) ,teñen que executados por Seaga .Seaga e unha empresa pública ,e polo tanto , este prantexamento é correto .Mais se falamos do monte e de unha loita eficaz contra os lumes do territorio ,compre ter en conta outras consideracions .

Na posta en valor dos montes (veciñais e particulares) ,os principais beneficiarios do valor engadido que xeran deben ser os titulares dos mesmos ou as populacion da sua zona de influencia .Esto siñificaria xeración de postos de traballo locais e fixación da populación no medio rural e xa que logo ,un método de loita eficaz contra os lumes do territorio .Os mecanismo para acadar estas metas atopanse na xestión comunitaria dos recursos e no fomento da economia local ou social .E dicer ,o traballo feito polo personal das comunidades de montes e por formulas cooperativistas onde o peso da mocidade e da muller sexa considerabel .Xa que logo ,o convenio de colaboración suscrito entre a Consellaria do medio rural , a Fegamp e Seaga ,en materia de prevención e defensa contra os lumes forestais ,deberia permitir que as comunidades de montes e as formulas cooperartivistas ,poideran executar os traballos nel estipulados .

Se cadra seria interesante que dende a Fegamp ou dende o Parlamento Galego , se presentasen iniciativas para modificar o convenio no sentido do prantexado arriba .Estamos a falar de combater os lumes xa que logo estamos a falar de un problema de todos e de todas .

Comentarios