Opinión

Competencias estatais versus soberanía nacional galega

A Lei de Costas , competencia do Estado Central , impide a existencia de titularidades privadas na zona de dominio marítimo terrestre .Dado que o réxime xuridico  do Estado Español  non recoñece ao  monte veciñal  en mán común (figura de titularidade que só existe en Galiza) ,como unha titularidade distinta das titularidades públicas e privadas , senón que os clasifica como titularidades privadas , os montes veciñais en mán común ,nestas zonas de dominio marítimo terrestre están sendo non clasificados como tales  e mesmo nalguns casos estan sendo desclasificados .

De feito ,estase a producir,de facto,  unha usurpación do monte veciñal en mán común .Os montes veciñais non clasificados ou desclasificados ,perden a sua condición de caracter de titularidade xermánica e pasan a ser de titularidade pública .E esta usurpación faise mediante unha lei do ano 1993 ,sobre unhas terras que son de titularidade veciñal dende tempos immemoriais .

Ante esta usurpación do monte veciñal en mán común (mesmo con caracter retroactivo ) , a única alternativa pasa polo recoñocemento dos montes veciñais en mán común como unha titularidade distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas

Ante esta usurpación do monte veciñal en mán común (mesmo con caracter retroactivo ) , a única alternativa pasa polo recoñocemento dos montes veciñais en mán común como unha titularidade distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas . Mais esta alternativa somentes será posibel cando Galiza tivera soberania nacional ,xa que no resto do territorio do Estado Español , esta titularidade veciñal,non existe .E xa que logo,non conta.

Poidera parecer que recoñocer aos montes veciñais en mán común como titularidades distintas as públicas e as privadas ,somentes é de interese para as comunidades de montes ,para a veciñanza comuneira .Mais non é exactamente así ;interesa(ou debería interesar) tamén a sociedade galega .Ainda que poida parecer o contrario ,nas zonas de dominio público ,non somentes poden ser ocupadas para usos dotacionais (campus universitarios , auditorios.....).Por presión de intereses capitalistas ,especulativos e urbanisticos , poden ser ocupadas para outros usos.Por exemplo , para a  instalación de empresas .A instalación da pasteira Ence , con prorroga de ocupación  incluida, e un claro exemplo .

Como é un claro exemplo o istmo de A Lanzada .A declaración de este istmo como monte veciñal en mán común no ano 1089 ,impideu que se convertise nun polígno  residencial con centos de vivendas unifamiliares sobre o areal .Agora , coa sentencia do Xurado de clasificación de montes veciñais da provincia de Pontevedra  de Xuño de 2017 ,de desclasificar o monte de A Lanzada como de veciñal en mán común , o antigo proxecto urbanistico-especulativo pode retoñar .

Se se recoñocese a existencia dos montes veciñais en man común,como unha titularidade distinta, nos lindes das demarcacións marítimo terrestre,estes proxectos empresariais e urbanisticos , teriano mais complicado de levar adiante .Seria preciso un acordo asembleario da comunidade de montes respeitiva , un cambio de uso das terras ou un proceso de expropiación forzosa .Agora ,somentes precisan un goberno amigo (no Estado ,na Xunta ou no concello) , ou como moito ,contar partidos aliados ideolóxicamente.De esta maneira .teñeno mais doado .

Moi ao contrario do que pensan tamén os partidos da “nova política” ,falar de soberanía nacional  galega é falar tamen dos cousas de comer .É falar da defensa do medio ambiente , de apostar por un desenvolvemento harmónico da nosa nación , do por no primeiro plano os intereses das maiorias sociais galegas .Se cadra convén facer esta refrexión nestas datas que nos acercamos a rendir tributo a duas persoas que foron asesinadas por defender a soberanía nacional galega : Alexandre Boveda e Moncho Reborias.

Comentarios