Opinión

Cando a mentira é o piar para defender intereses particulares

A política da consellaria do Medio Rural e Mar ,"sección montes", está planificada ,dirixida e controlada polo "loby(ou lobo) da madeira".Para corrobarar esta afirmación basta con votarlle unha ollada as "marcas" da política de montes que o Partido Popular ven desenvolvendo ,dende que que rotornou ao poder  (creación das Sociedades de Fomento Forestal , Lei de montes para roubar as terras a veciñanza comuneira , cultivos enerxéticos, forestación de terras agrarias ,eliminación das axudas para acadar a multi-funcionalidade dos montes .........)

A patronal madeireira( Confermadera) ,non se conforma somentes con impor a sua lei (ideoloxia mais intereses) .Pretenden que o resto da sociedade galega asuma a sua política como se fose un ben común(que mania teñen de pornos a canga e decir que e polo noso ben ) .E para impor a sua política , usan a mentira ;se cadra polo que decia aquel ministro de Hitler de que unha mentira repitida moitas veces , convertiase nunha verdade .

Os argumentos baseados na mentira , escomenzounos a patronal madeireira(Confermadera) ,afirmando que a lei de montes de Galiza, aprobada en solitario polo Partido Popular , foi unha lei de consenso .Chamanlle lei de consenso a unha lei que tivo 3 votos negativos no Consello Forestal ; e non lle chaman lei de consenso a que deixou redactada a consellaria do Medio Rural ,dirixida politicamente polo BNG e que somentes tivo un voto en contra no Consello Forestal .Estaremos ante un novo teorema matematico-político de Confermadera onde mais siñifica menos e menos siñifica mais ?.

A patronal madeira segue argumentando en base a mentiras cando afirma que o Informe da Asociación de Becarios "Barrie de la Maza", foi consensuado por empresas ,universidade ,investigadores e propietarios das terras .Afirman tal mentira cando a organización mais representativa das comunidades de montes, a Organización Galega de comunidades de montes,nin siquera foi consulada .Estaremos ante unha nova acepción da palabra consenso no diccionario de Confermadera? .

Neste vamos contar mentiras ,o loby (ou o lobo ) madeireiro , as veces ponse a pel de borrego .E así afirma que o monte debese sacar do debate político diario ;pero a continuación di que a Administración debe impor a sua (e dedcir a de Confermadera) política de montes .E decir a Administración ao servizo de sua ideloxia de clase. 

Ante este catecismo mentireiro , que facer ? .O que facer xa o dixo fai tempo Lenin ,cando deixou escrito que a verdade e sempre revolucionaria .Pois iso ,mans a obra .

Comentarios