Opinión

O Sergas contrata a atención telefónica por un ano cun custe de 830.000 euros

No Diario Oficial de Galiza publicouse o anuncio de licitación do contrato para a atención telefónica do Sergas, por un periodo de un ano (prorrogábel), e cun custe de 830.000 (co 21% de IVE incluído).

No Diario Oficial de Galiza publicouse o anuncio de licitación do contrato para a atención telefónica do Sergas, por un periodo de un ano (prorrogábel), e cun custe de 830.000 (co 21% de IVE incluído).

Milleiros de persoas teñen presentado reclamacións, ante a imposibilidade de poder acceder a unha cita previa a través da “central de chamadas” do Sergas, que é un sistema moi pouco accesíbel sobre todo para as persoas maiores, pero moi complicado para calquera persoa. Hai que contestar a un montón de preguntas, e facelo pronunciando e vocalizando ben, pois se non a máquina xa non entende. En fin, calquera persoa que tivera que chamar alguna vez para pedir cita médica a través desta centraliña coñece perfectamente esta situación.

"Cantas traballadoras e traballadores se poderían contratar con esos 830.000 euros durante un ano, para poder atender os teléfonos nos centros de saúde?"

Paréceme indignante que, mentres se están recurtando plantillas, non se substitúen as ausencias do persoal en vacacións e días libres ou incluso en baixas, recúrtanse todo tipo de investimentos na sanidade pública, e mesmo obrígase a re-pagamentos ás persoas usuarias, resulta que ao mesmo tempo estánse inflando os petos de empresas privadas con contratos coma este, que non presta un servizo verdadeiramente útil. Cantas traballadoras e traballadores se poderían contratar con esos 830.000 euros durante un ano, para poder atender os teléfonos nos centros de saúde?. Haberá que estar atentos para ver a resolución deste concurso, para ver qué empresa é a gañadora e en mans de quen está (a ver se é algunha empresa que aporta xenerosos donativos ao PP…)..

Comentarios