Opinión

O deterioro da sanidade pública, agravado no verán

Hai uns días denunciábase desde a CIG a situación que se está a vivir no Centro de Saúde de Carballo, coas ausencias de varios profesionais por baixas ou vacacións que non son substituídas, xerando unha sobresaturación de traballo para os profesionais que están traballando, molestias para os pacientes e listas de espera dunha semana e máis para acudir ao  médico de cabeceira. 

Hai uns días denunciábase desde a CIG a situación que se está a vivir no Centro de Saúde de Carballo, coas ausencias de varios profesionais por baixas ou vacacións que non son substituídas, xerando unha sobresaturación de traballo para os profesionais que están traballando, molestias para os pacientes e listas de espera dunha semana e máis para acudir ao  médico de cabeceira. Esta fin de semana pasada saían tamén nos medios as queixas de veciños e veciñas de Laxe, ante a ausencia dun facultativo no seu Centro de Saúde que só se está a substituír dous días á semana durante media xornada. Situacións semellantes están a vivir na práctica totalidade dos Centros de Saúde da comarca de Bergantiños e de toda a Área Sanitaria da Coruña durante este verán, e ademais é algo que se ven repetindo nos últimos anos aínda que a situación este ano é aínda peor que os anteriores. O deterioro da sanidade pública é máis que evidente, e máis aínda no nivel máis cercano, na Atención Primaria. 

"O deterioro da sanidade pública é máis que evidente, e máis aínda no nivel máis cercano, na Atención Primaria". 

No goberno anterior á chegada do Sr. Feijoo, tíñase aprobado un Plan de Mellora da Atención Primaria, negociado con sindicatos e profesionais, que suponía un incremento das plantillas para este nível básico da atención sanitaria e un aumento da capacidade de resolución dos profesionais. Nada máis chegar ao goberno o Partido Popular paralizou ese Plan de Mellora, e o deterioro foi cada ano maior. Se na Atención Especializada o que se fai é derivar cada vez máis á privada, no ámbito da Atención Primaria o deterioro é cada vez maior, e chega a niveis inaceptábeis en momentos como este verán. Particularmente levo 17 anos traballando no Sergas, sempre na Atención Primaria, e nunca vin un nivel de degradación semellante ao actual. Cando menos na Área Sanitaria da Coruña, semella bastante claro que a unificación das Xerencias de Atención Especializada e Primaria está a significar un abandono total da Atención Primaria.

Penso que a indignación da veciñanza é cada vez maior, e que os gobernos municipais deben tamén demandar do Sergas unha atención sanitaria digna para a veciñanza, deben facer presión ante a administración sanitaria (nomeadamente ante a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña). Esta situación no é de recibo!

Comentarios