sábado 25/09/21

14 días de espera para ir ao médico de cabeceira

Como xa vimos denunciando desde CIG-Saúde hai tempo, os usuarios e as usuarias da sanidade pública padecen as consecuencias dos recortes de persoal, ademais doutras decisións políticas do goberno do goberno do PP como o incremento do copago farmacéutico, a retirada da cobertura de moitos medicamentos, etc. 

Como xa vimos denunciando desde CIG-Saúde hai tempo, os usuarios e as usuarias da sanidade pública padecen as consecuencias dos recortes de persoal, ademais doutras decisións políticas do goberno do goberno do PP como o incremento do copago farmacéutico, a retirada da cobertura de moitos medicamentos, etc. 

"Ter que esperar dúas semanas para acudir ao médico de cabeceira non é de recibo, e todo por non contratar médicos substitutos"

Atopámonos, no Centro de Saúde de Carballo, con que para algúns médicos de familia dos que están de vacacións, as listas de espera son en dous casos de unha semana, pero temos un caso no que a día de hoxe a primeira cita libre sae para dentro de 14 días, o cal nos parece xa un despropósito. Ter que esperar dúas semanas para acudir ao médico de cabeceira non é de recibo, e todo por non contratar médicos substitutos. Non é de recibo que unha persoa teña que esperar 14 días para acudir ao seu médico de cabeceira, e o que sucede é que moita xente opta por acudir por urxencias (como é lóxico) aínda non tratándose de situacións de verdadeira urxencia (pero que tampouco poden esperar 14 días), o que sobrecarga de máis traballo ao resto de profesionais que teñen que asumir a atención dos pacientes dos médicos que disfrutan do seu dereito a vacacións e que non son substituídos.

"Política absolutamente cicateira do PP que, ao mesmo tempo que recurta en gastos de persoal e outros gastos básicos para a sanidade pública, continua gastando cantidades inxentes de diñeiro público en propaganda"

Non pode ser doutra maneira, é normal que haxa unha espera de 14 días cando nunha semana enteira un médico ten bloqueada a axenda tres días, e os outros dous ten once citas cada un deles (que logo se reparten entre os demais profesionais do centro). Ou sexa, 22 citas nunha semana enteira, como non se vai xerar así unha espera de 14 días?

Desde CIG-Saúde seguiremos insistindo en denunciar esta situación, esta política absolutamente cicateira do Partido Popular que, ao mesmo tempo que recurta en gastos de persoal e outros gastos básicos para o funcionamento da sanidade pública, continua gastando cantidades inxentes de diñeiro público en propaganda.

comentarios