Opinión

O 'Nós' de hoxe en día

O30 de outubro de 1920 ve a luz en Ourense Nós, Boletín mensual da cultura galega. A publicación, imaxinada por Risco, Castelao, Cabanillas e Losada Diéguez, toma o nome da páxina que, desde dous anos antes, viña publicando o xornal coruñés El Noroeste, con cabeceira debuxada por Castelao.

O primeiro número desta publicación, con Vicente Risco como director, imprimiuse en Ourense. Pontevedra, A Coruña e Compostela tomaron o relevo nos seguintes. O derradeiro número, o 144, non chegou a se distribuír. En agosto Casal foi asasinado. Morrían xuntos a revista e o seu principal impresor e desaparecía un dos proxectos máis emblemáticos do galeguismo, unha iniciativa que supón a superación das limitacións tradicionais para incorporar o país á cultura de Europa mostrando un xeito diferente de ollar para nós mesmas.

Cen anos despois, aquel Nós primeiro vai insertado como agasallo no Nós de hoxe en día, o Nós Diario, a forma que temos as galegas e os galegos do século XXI de facer memoria para ollar o futuro aprendendo e valorando o pasado

Comentarios