Opinión

O ensino ten memoria de Carballo

Morreu Francisco Carballo. 
Iso é o que din as notas de prensa, os informes médicos.
Morreu? 

Morreu Francisco Carballo. 
Iso é o que din as notas de prensa, os informes médicos.
Morreu? 
Non sempre a realidade se corresponde coa verdade. 
Coa certeza. 
E non sempre quen faleceu está morto. E quen está morto, se cadra, non faleceu.

"Xustamente iso é o que desmenten hoxe as urnas instaladas nos centros educativos da Galiza. Francisco Carballo vive e ten forza". 

Xustamente iso é o que desmenten hoxe as urnas instaladas nos centros educativos da Galiza. 
Francisco Carballo vive e ten forza. 
Urnas legais, con garantías, non vaian pensar ...
Carballo ten forza. 
Máis que nunca. 
A forza que fixo posíbel o nacemento e o desenvolvemento do sindicalismo nacionalista na década dos setenta do pasado século. 
Primeiro no  ensino. Despois no resto do mundo laboral.
A do ensino chamábase UTEG. Unión de Traballador@s do Ensino da Galiza. 
Foi naquelas xornadas que a garda civil interrompeu alá por Ourense. Ou iso lles pareceu, porque medraron e medraron as ideas nadas daquela .... 

"A prensa di que a CIG non só gaña as eleccións sindicais no ensino non universitario, senón que mesmo rachou o seu propio teito. Mentira. A CIG non ten teito". 

Fracaso. Encheron todo o espazo, as xornadas.  Da man da AS-PG e  da CIG-Ensino. 
E de todo o profesorado que as seguiu e aínda as segue cada ano, e van máis de trinta.
A prensa di que a CIG non só gaña as eleccións sindicais no ensino non universitario, senón que mesmo rachou o seu propio teito. 
Mentira. 
A CIG non ten teito. 
Só espazos abertos. Descubertos, onde o sistema educativo habita afagando a laicidade e a gratuidade.
Laico, gratuíto e galego. Desde aquí e para o mundo porque non temos complexos de sermos galegas ou galegos.
Obrigatorio. Até os 18 anos. Desde os tres.
Eis o sistema. Tamén a resposta do profesorado. 
Maioritariamente maioritaria. E mañá, ou hoxe, a Consellaría sairá desacreditando. Como fai quen non ten argumentos.

Comentarios