Opinión

Sobre poesía

Hai agora unha década desapareceron de golpe algúns dos principais nomes da poesía galega: Xela Arias, Luísa Villalta, Antón Tovar, Manuel María.

Ao ano seguinte, o 6 de outubro de 2005, aniversario do nacemento do poeta de Outeiro de Rei, saía do prelo o volume son de poesía, concibido coa intención de se converter nun recoñecemento da palabra viva na nosa lingua á obra destes escritores.

Hai agora unha década desapareceron de golpe algúns dos principais nomes da poesía galega: Xela Arias, Luísa Villalta, Antón Tovar, Manuel María.

Ao ano seguinte, o 6 de outubro de 2005, aniversario do nacemento do poeta de Outeiro de Rei, saía do prelo o volume son de poesía, concibido coa intención de se converter nun recoñecemento da palabra viva na nosa lingua á obra destes escritores.

"Hai agora unha década desapareceron de golpe algúns dos principais nomes da poesía galega: Xela Arias, Luísa Villalta, Antón Tovar, Manuel María".

Un total de trinta creadores de aquén-alén Miño achegaran os seus orixinais para esta causa. Tratábase dunha edición non venal —de 1500 exemplares— da que os responsábeis eran a lisboeta Edições Fluviais e mais a compostelá Libraría Couceiro.

O presente 2014, a través dos medios, mormente, non oficiais, vanse coñecendo diversas iniciativas, de carácter particular, que lembran a figura e a obra destas senlleiras figuras da nosa creación.

Este ano na celebración das letras homenaxéase, precisamente, no legado intelectual de Xosé María Díaz Castro, a obra dos poetas. Mais dende as institucións públicas galegas, fóra da folla de ruta establecida polo protocolo de actuación, ignórase, á mantenta, todo canto teña a ver coa libre expresión da nosa voz singular.

A tarefa institucional cubrirá o expediente, como é habitual, cun panexírico saudoso ateigado de verbas baleiras e pasará páxina. Para esta representación nunca han faltar plumas acríticas que —engordando o seu ego, enchendo as súas alforxas— se presten ao xogo.

"Seguirase a vivir de costas, en contra, do sentir auténtico desta conmemoración, encarnada na obra dos nosos literatos: a vindicación da normalidade cultural e idiomática para a lingua galega en Galiza".

E seguirase a vivir de costas, en contra, do sentir auténtico desta conmemoración, encarnada na obra dos nosos literatos: a vindicación da normalidade cultural e idiomática para a lingua galega en Galiza.

E que máis lles dá? Tiveron acaso en conta, aínda hai ben pouco, os apupos, por desmantelaren a nosa escena, da xente do teatro cando a protagonista foi a obra de Roberto Vidal Bolaño?

Nada hai de proxección, de visibilización, de promoción da nosa produción —poética neste caso— por parte dos poderes públicos. E moito menos se ollamos a realidade dende unha perspectiva estritamente sincrónica e con vontade totalizadora. 

Os responsábeis do goberno e os dirixentes da súa área cultural foxen do relato vivo da realidade que se expresa no presente.

Por iso son moi de gabar iniciativas particulares que espellan e proxectan, coma na rede neste caso, o noso rico patrimonio, cultural, literario e poético en particular.

"Son moi de gabar iniciativas particulares que espellan e proxectan, coma na rede neste caso, o noso rico patrimonio, cultural, literario e poético en particular".

Disto son exemplo —agora que, lamentabelmente, semella perder folgos o, ideado por Arturo Casas, Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura http://poesiagalega.org/—, por singularizar só algunhas significativas mostras, o inxente traballo realizado por Nacho Alonso nas Fervenzas Literarias (http://www.fervenzasliterarias.com/) ou por Suso Díaz e Maripaz Paz —quen, dende as afastadas terras do desterro de Castelao, mais coa cabeza sempre en Galiza, a diferenza de tantos políticos sucursalistas de aquí— no excelente portal poético d’As escollas electivas (http://asescollaselectivas.blogaliza.org/)
Porque a palabra viva, a voz actual dos nosos poetas está sempre presente:

               Teño unha man que esgarra e súa as paredes dos retretes,
               sentencia nos faiados dunha idea, nas túas propias mans, os meus ollos
               ou na velocidade da estrea dun silencio.
                                          Xela Arias, Tigres coma cabalos
 
               Eu son un home
               que te busca na terra
               e non te ve nas rosas.
                                           Antón Tovar, Arredores
 

infalíbeis substáncias, cumprindo as escadas que sempre retornan ao início da ignoráncia e ao final como intento, sen atinxir a ver o proxecto, as estradas por onde se perde o eco de todo sentido, aínda que sempre fica un repouso como o daquel que morre comprendendo que o fin da metáfora é deixar de selo.                  Luísa Villalta, Ruído

 

 
              Desconfía, ¡ouh pobo meu!,
              estén alerta contra aqueles
              que deixan a túa fala
              e din que te aman.
              Quen non está contigo
              é teu inimigo, aínda
              que os seus beizos
              che mintan un amor
             que nunca alumou o seu corazón.
     
                           Manuel María, Versos para un país de minifundios

 
E é que “A poesía está nas cousas que nos rodean a diario”, como escribía Fran Alonso no seu manifesto 5 motivos para ler poesía, distribuído no Día Mundial da Poesía 2007.

Comentarios