Opinión

Sen nomes, sen voces, sen lugares

O proxecto de investigación “Nomes e Voces” naceu en 2006, promovido pola consellaría de Cultura do entón, en relación cos traballos realizados ao abeiro daquel declarado Ano da Memoria.

A súa intención era o estudo da represión franquista dende 1936 para lle achegar á sociedade a información precisa sobre todos aqueles que padeceron calquera tipo de persecución por mor da súa ideoloxía ou da súa posición favorábel á democracia republicana.

O proxecto de investigación “Nomes e Voces” naceu en 2006, promovido pola consellaría de Cultura do entón, en relación cos traballos realizados ao abeiro daquel declarado Ano da Memoria.

A súa intención era o estudo da represión franquista dende 1936 para lle achegar á sociedade a información precisa sobre todos aqueles que padeceron calquera tipo de persecución por mor da súa ideoloxía ou da súa posición favorábel á democracia republicana.

A falla de apoio e orzamento institucional mermou considerabelmente a súa actividade dende a chegada da dereita ao poder. 

Como principais obxectivos, enxergados dende a perspectiva da pescuda histórica e valéndose das prestacións subministradas polas tecnoloxías da comunicación, estaban: a) pór ao servizo da sociedade galega os nomes das vítimas do franquismo; recoller os testemuños das testemuñas sobreviventes —agachados, encarcerados, exiliados…— e tentar reconstruír as súas historias de vida; c) alumar os lugares da represión, onde milleiros de persoas foron paseados ou represaliados por quen empuñaban a bandeira totalitaria do ‘morra a intelixencia’.

A posta en práctica deste labor corría a cargo dun grupo de traballo interuniversitario no que estaban algúns dos máximos especialistas na temática da represión en Galiza. A colaboración social, tanto de particulares coma de colectivos, fixo posíbel que, ao longo destes sete anos, se levase a cabo un encomiábel labor de documentación. Os resultados poden verse no seu portal: http://www.nomesevoces.net

A falla de apoio e orzamento institucional mermou considerabelmente a súa actividade dende a chegada da dereita ao poder. A resultas disto cesouse no traballo de campo e na recolla de información e priorizouse a xestión da páxina web, a cal rexistraba aínda agora máis dun milleiro de consultas mensuais. Só a colaboración dalgunha institución lles permitiu seguir con vida ata o intre actual.

Arestora, logo dunha volta de rosca máis perpetrada pola asfixia dende o vil garrote do poder —contra a liberdade de expresión, contra os dereitos das persoas e contra a súa dignidade—, o proxecto desaparece na súa forma actual. Dende a dirección do equipo de traballo infórmase de que se seguirá mantendo aberta a web, mais xa sen actualizar. O acceso aos fondos que non estean en rede fica choído. Nin se poderá seguir cos traballos de mantemento interno das bases de datos. E tampouco se poderán facer recollas de material inédito e sensíbel a desaparecer.

"Logo dunha volta de rosca máis perpetrada pola asfixia dende o vil garrote do poder —contra a liberdade de expresión, contra os dereitos das persoas e contra a súa dignidade—, o proxecto desaparece"

Dous puideron ser os poemarios que fincaron os marcos simbólicos do inicio e do remate do setenta aniversario da barbarie fascista que conlevou, a partir do 18 de xullo do 36, cada ano triunfal. A súa escrita serve para afondar nos silencios interesados que propicia esta nova situación.

O primeiro volume é a obra colectiva Poemas pola memoria (1936-2006), cuxa distribución, en abril de 2006 na illa de San Simón, marcara a presentación do Ano da Memoria. A el corresponden os seguintes versos do poeta Manuel María: “Decretouse a nada, a morte criminal./¡Mais a semente agromou forte e varil/porque o sangue inocente é inmortal!.”

O segundo título é o libro Incivil, saído do prelo en 2009, ao que pertence a seguinte cita: “abrirá ben os ollos/para coñecer a verdade/oculta nas palabras,/cos cinco sentidos,/e saberá que hai/expresións completas,/sentenzas de morte/incompletas,/historias de mentiras,/silencios cómplices,/medias verdades/e palabras sen medias tintas.”

Abonda dicir máis. O fin é doado de entender.

Comentarios