Opinión

Dende a Casa de Hortas

A pasada sexta feira 30 de maio participei no intercambio entre o alumnado dos institutos de Curtis e mais de Bande, ao abeiro das actividades dos respectivos equipos de normalización lingüística.

A xeira dun completo día de emocións rematou en Outeiro de Rei na visita á casa museo da Fundación Manuel María. Alí, nunha completa e amena exposición de Fran Rei, debulláronselle á rapazada asistente algúns dos múltiples pormenores da figura deste gran poeta nacional galego.

A pasada sexta feira 30 de maio participei no intercambio entre o alumnado dos institutos de Curtis e mais de Bande, ao abeiro das actividades dos respectivos equipos de normalización lingüística.

A xeira dun completo día de emocións rematou en Outeiro de Rei na visita á casa museo da Fundación Manuel María. Alí, nunha completa e amena exposición de Fran Rei, debulláronselle á rapazada asistente algúns dos múltiples pormenores da figura deste gran poeta nacional galego.

"É agora, entón, ás portas deste verán, cando o nome de Manuel María xa pode ser proposto e elixido candidato para a celebración das Letras Galegas do próximo ano. Ninguén con máis merecemento".

Este outono cúmprense dez anos da súa morte. É agora, entón, ás portas deste verán, cando o nome de Manuel María xa pode ser proposto e elixido candidato para a celebración das Letras Galegas do próximo ano. Ninguén con máis merecemento. A decisión está nas mans dos responsábeis da Academia Galega.
O ano 2015 é unha data redonda e cargada de simbolismo, ao se cumpriren cincuenta anos dun fito senlleiro na súa traxectoria intelectual. En 1975 foi cando se produciu a renuncia de Manuel María como membro correspondente da RAG. Por considerala unha institución por completo ineficaz na defensa e promoción da lingua e cultura galegas.

Concordando de cheo co insobornábel legado de Manuel María, é hora de reclamarmos a expresión dunha cultura dinámica todos os días do ano. O motivo de celebración debe ser a transmisión interxeracional dun idioma galego vivo e plural na súa riqueza e variedade dialectal.

"É hora de reclamarmos a expresión dunha cultura dinámica todos os días do ano. O motivo de celebración debe ser a transmisión interxeracional dun idioma galego vivo e plural na súa riqueza e variedade dialectal".

Este é o sentir do que representa a Casa de Hortas no mapa cultural da Galiza actual. Mais aínda non fica aquí a mensaxe. O nome do espazo orixinal de Manuel María é un completo antídoto contra o abandono.

Dunha banda, supón unha aposta firme pola nosa identidade, cuxa mellor bandeira ondeante é o uso cotiá do galego. Doutra banda, insinúa unha proposta de fartura para un mundo rural obrigado a se repoboar con xente nova. Sempre da man de políticas que aposten pola expansión dunha economía produtiva e pola distribución do ben común.

O percorrido do alumnado polo espazo natal de Manuel María tivo o seu intre máis emotivo cando, perante a súa tumba, se lle realizou unha ofrenda verbal, ao se interpretar a súa “Canción pra cantar tódolos días” a máis de vinte voces. Dela son os seguintes versos: “Os nosos inimigos saben ben/que as palabras vencen ás espadas”.

E, volvendo ter ben presente a voz do autor de Compendio de orballos e incertezas, concluiremos que “Nós acreditamos no futuro do noso propio pobo”.

Comentarios